martes, 15 de setembro de 2026

Programa do Congreso "Cunqueiro en Ortigueira en 1936" do 2-3 outubro 2026. Formulario de inscrición.

 





O congreso que está a organizar Terras do Ortegal, e que terá lugar os próximos 2 e 3 de outubro (venres tarde e sábado mañá) no Teatro de Beneficencia de Ortigueira, xa ten o programa completo.

En semanas anteriores fomos dando conta e anunciando as persoas que participarían cunha charla ou relatório no congreso, pero agora temos xa  palestra completa.

Está formado por un plantel selecto de profesores, ensaístas, editores e historiadores, combinando tanto persoas do Ortegal como de fora do noso territorio, nunha combinación que agardamos mereza a atencion dos interesados na figura de Álvaro Cunqueiro.

Como temos lembrado en numerosas ocasións en todos estes días de prolegómenos do evento, Álvaro Cunqueiro chegou a Ortigueira a primeiros de outubro de 1936, poucos meses despois da sublevación militar e do inicio da Guerra Civil —van polo tanto 90 anos desde súa chegada— e aquí estivo ata mediados de maio de 1937, case 8 meses.

A inscrición é gratuíta pero necesaria, dadas as limitacións de espazo da sala que acolle ao Congreso, e debe facerse AQUÍ:

Programa do Congreso

Enumeramos a continuación os relatorios que conforman o congreso. Cada un dos relatores será presentado por persoas colaboradoras de Terras do Ortegal relacionadas co mundo da cultura nas súas diversas formas, ás que agradecemos a súa participación.







Ningún comentario:

Publicar un comentario