Portada da nova revista Hume, co farmacéutico ortigueirés Marcial Lens á dereita |
Acudir a As Pontes, á presentación dun novo número da revista Hume, neste caso o 15, é xa un rito anual para Terras do Ortegal. Hai que lembrar que a idea da nosa revista naceu en 2013, e materializouse co nº 1 en 2014, tras acudir varias veces ás presentacións que facía Hume nas Pontes.
O evento tivo lugar o pasado 6 de xullo na Casa Dopeso, un dos auditorios, modernos e amplos, cos que conta a localidade pontesa, que practicamente se encheu coas máis de 170 persoas interesadas pola cultura e a historia, nas súas máis variadas formas, que conforman os artigos da revista.
Abreu o acto a nova concelleira de Cultura das Pontes, Lorena Tenreiro Blanco, e a continuación Manuel Souto, director da publicación e presidente de Hume, foi presentando aos diferentes autores, que tiveron alocucións de extension diversa.
Comezou Ángel Arcay, historiador betanceiro que presentou un traballo sobre “Mulleres espontáneas. Fraxilidade humana e cópula carnal nas comarcas do Eume e Ferrol (s. XVIII e XIX)”, que mereceu o Premio de Investigación Hume en 2021. O das mulleres espontáneas —mulleres solteiras que acudían a un notario para dar conta do seu embarazo para legalizar a súa situación e defender a súa honra— é unha figura apenas coñecida polo gran público, que con traballos como este vai camiño de ser ben comprendido. Arcay é o actual director do Museo das Mariñas e tamén novo director do Anuario Brigantino, editado polo concello de Betanzos, a revista de estudos locais decana de Galicia.
Equipo directivo de HUME, con Nieves Seijo, segunda pola dereita, recén falecida, e con Manuel Souto, no centro, presidente da asociación |
Javier Barcón, de indudable ascendencia ortegana polo seu apelido, pero veciño das Pontes, presentou o traballo “Intervencionismo e reforestación nos montes das Pontes”, que merecera o 2º premio da convocatoria de 2021, un traballo de moito interese para a comarca do ortegal, polas similitudes con que se fixo a reforestación no franquismo na nosa zona.
Un momento do acto |
A farmacia de Marcial Lens,
|
Lamentablemente, debido ao desempeño do seu cargo oficial, sufriu ataques, expedientes e acusacións gravísimas por parte do novo réxime franquista (sorprendente nunha persoa que era católica practicante, director do coro paqrroquial e que tiña na tertulia da farmacia ao párroco pontés), que o obrigaron a malvender a súa farmacia e a fuxir das Pontes coa súa familia en 1937, volvendo a Ortigueira, onde traballou como profesor na Academia Santa Marta dirixida polo presbïtero Jesús Márquez Cortiñas. Torres defendeu a figura de Lens, ofrecendo un dato definitorio: en 1941, en pleno apoxeo do réxime franquista, foi designado Secretario do concello de Valdoviño, posto imposible de desempeñar por unha persoa sobre a que o réxime tivese a mínima sospeita.
Tras algunha outra intervención finalizou o acto coa entrega dos premios de investigación Hume 2022 a Miguel Ledo Roca (1.º premio) e a Enrique Tort Vazquez (2.º premio). Todos os asistentes ao acto recibiron un exemplar da revista, impresa coa colaboración do concello e a deputación da Coruña.
------------------
Ningún comentario:
Publicar un comentario