A asociación Terras do Ortegal, como xa se difundiu hai unhas semanas, organizará en outubro deste ano unhas xornadas de estudo sobre o ilustre escritor mindoniense con motivo de cumprírense o 90º aniversario da síua chegada a Ortigueira. Como é ben sabido, Álvaro Cunqueiro (1911-1981) chegou á capital do Ortegal en outubro de 1936, fuxindo de perigos que o asediadan en Mondoñedo, a súa vila natal,tralo estallido da Guerra Civil, e aquí estivo ata finais de maio de 1937. Esta etapa foi clave na vida do escritor (ata entón poeta, conferenciante, articulista de prensa e militante do Partido Galeguista), constituíndo un punto de inflexión, cambiando a súa orientación política, e deixando a vida de estudante universitario en Compostela —que aínda era pese a ter iniciado os estudos de Filosofía e Letras oito anos antes— e converténdose nun profesional do xornalismo.
| Álvaro Cunqueiro nos anos 30, na súa época de estudante universitario en Compostela |
Terras do Ortegal está contactando con diversos especialistas na vida e obra de Cunqueiro e da situción de Galicia naquela época, e pode confirmar xa que Ramón Villares, Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, e persona cunha ligazón especial a Ortigueira, localidade que visita regularmente, impartirá a lección inaugural das xornadas de estudo sobre Cunqueiro.
Como dicimos máis arriba, as xornadas celebraranse no mes de outubro de 2026, en datas precisas que están a concretarse polo Comité Organizador do evento que está encabezado por Manuel Bouzamayor, presidente de Terras do Ortegal; para esta tarefa conta cun Comité Asesor formado por Ramón Loureiro, escritor, xornalista e especialista na vida e obra de Cunqueiro e de Manuel López Foxo, escritor, columnista de prensa e bo coñecedor da historia cultural do Ortegal e da estancia de Cunqueiro nas nosas terras.
En 2021, coincidindo co 85º aniversario da estancia do escritor nas nosa comarca, Terras do Ortegal colocou unha placa conmemorativa no hotel onde se hospedaba na vila ortigueiresa
En datas próximas seguiremos dando conta dos novos especialistas que analizarán a vida e a obra de Álvaro Cunqueiro, do forma de inscrición e asistencia e do formato exacto do encontro, que agardamos se convirta no evento cultural do ano no Ortegal.
-----------------
Ningún comentario:
Publicar un comentario