O pasado martes, 17 de marzo, tivo lugar na sala de xuntanzas do concello de Cariño a eleción dos representantes das Entidades Amigas do Xeoparque no Comité de Seguimento da Sostibilidade Turística e Desenvolvemento Local do Xeoparque Cabo Ortegal.
Este Comité está formado por:
- Representantes da Xunta de Galicia e Deputación da Coruña
- Técnicos dos concellos,
- Técnicos do xeoparque
- Experto do Comité científico
- representantes de empresas da zona
- Representantes das Entidades Amigas
E analizará o impacto do turismo no territorio, tratando de promover un impacto positivo e un turismo responsable
As Entidades Amigas
Terras do Ortegal está recoñecida desde 2024 como entidade Amiga do Xeoparque.Cabe lembrar que a figura de Entidade Amiga é unha creación da asociación xestora do Xeoparque (AXXCO) para relacionarse coas asociacións e colectivos sociais da zona; trátase dunha figura de valor relativo ou escaso, pois as asociacións recoñecidas como tais non poden participar na toma de decisións do Xeoparque, que está limitado exclusivamente aos 7 concellos que o conforman: Cariño, Cedeira, Cerdido, Moecher, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño.
Terras do Ortegal apoiou desde que xurdiu a iniciativa de Xeoparque desde que se difundiu, e ven prestando atención mediante artigos publicados na revista e organizando algún evento, como unha mesa redonda en Ortigueira. Ademáis seguimos considerando ao Xeoparque como unha oportunidade extratéxica das comarcas de Ferrolterra e Ortegal. Debido a iso seguimos concurrendo ás actividades a quen nos invitan.
Eleción de representantes
Durante a sesión do pasado 17 de marzo Paula Ardas, da consultora Hidria HIDRIA Ciencia Ambiente y Desarrollo S.L., seleccionada pola Deputación da Coruña para xestionar diversas tarefas e recursos obtidos de fondos europeos Next Generation no territorio do xeoparque, expuxo a composición do Comité e presentou os indicadores que este órgano deberá estudar para ver o impacto das actividades turísticas na zona.
En representación de Terras do Ortegal asistiron dous membros da Directiva: Germán Alonso e Xosé María Torres. Nunha reunión cunha escasísima presenza das entidades amigas (o que reflicte o escaso interese que desperta esta figura que debería facer reflexionar ao Xeoparque,) foron elixidas 2 persoas para os dous postos ofertados:
- Manuel Couce (AVCR Val de Moeche)
- Germán Alonso (Terras do Ortegal)
De Germán Alonso, profesor de Zooloxía na Unversidade Complutense de Madrid, e asentado en Ortigueira desde hai varios anos, cabe dicir que ten experiencai directa no proceso de creación do Xeoparque da Costa Vasca, que viviu moi de cerca, polo que era a persoa máis acaída de Terras do Ortegal para participar neste Comité de Seguimento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario