| Privilexio rodado de Afonso X sobre Santa Marta de Ortigueira (Foto: concello de Ortigueira) |
O próximo 30 de abril a Xunta de Galicia, representada polo seu presidente, Alfonso Rueda, entregará ao concello de Ortigueira, nun acto que comezará no teatro de Beneficencia á 1 da tarde (13.00 hora), o exemplar orixinal do Privilexio Rodado de Afonso X alcumdo o Sabio —rei de Castela e León entre 1252 e 1284— asinado en 1255 en Valladolid. Por este documento, concedérase o Foro de Benavente a unha vila, Santa Marta de Ortigueira fundada algúns anos antes en data imprecisa.
Ortigueira é unha vila medieval, aínda que moitos non o saiban, pola carencia hoxe de edificios daquela época.
Características do Privilexio
Os privilexios rodados eran os documentros máis solemnes da chancelería real castelá. O termo rodado ven de que o signo (a sinatura) do rei ven envolto por unha roda que serve de validación e refrendo do disposto
. O documento orixinal debía ter un carimbo de chumbo pendente con fíos de seda, que non sabemos se se conserva no noso caso.
Este privilexio rodado foi otorgado en Valladolid o 20 de setembro de 1255, mide 52 x 54 cm, e está confeccionado en pergamiño, o material máis noble da época.
| Afonso X nunha miniatura medieval |
Beneficios do Foro de Benavente
Cabe lembrar que os primeiros señores de Ortigueira foron os condes de Montenegro; despois deste Foro de Benavente os habitantes e o territorio da vila de Ortigueira pasaban a depender, con carácter perpetuo, de forma directa da Coroa (como as vilas de Baiona, A Coruña e Viveiro, entre outras), eliminando a dependencia dun señor feudal.
O privilegio foi confirmado por Enrique III de Castela een 1405, e refrendado novamente por Afonso XI de Castela
Era de mill e trezientos e setenta e un annos
Lamentablemente, esa adscripción perpetua ñá Coroa non se cumpriu: en 1442 o rei Xoán II de Castela otorgou a Diego Pérez Sarmiento y Manrique, adelantado mayor de Galicia e señor de Mucientes e Santa Marta de Ortigueira o título de Conde de Santa Marta, que pasou a integrarse despois na casa de Altamira e posteriromente o marquesado de Astorga, hoxe integrada no poderosa e inmensa Casa de Alba.
Peripecias do noso Privilexio Rodado
| Federico Maciñeira e Pardo de Lama, insigne historiador |
No libro Historia de Ortigueira, publicado en 1999 pola editorial Vía Láctea, e do que foron autores Emilio Ramil, Carlos Breixo e Emilio Grandío, o actual Cronista de Ortigueira, Breixo, apuntaba que o citado privilexio estaba depositado na sede da Fundación Camilo José Cela, en Iria Flavia (Padrón). Hoxe sabemos que o documento nalgún momento foi expoliado do seu depósito en Betanzos e posto no mercado de coleccionistas privados. A finais dos anos 60 do pasado século XX o documento foi adquirido polo escritor Camilo José Cela e conservado na súa residencia en Palma de Mallorca. Daquí pasou, en efecto, a Iria Flavia á sede da Fundación Cela, que como se sabe foi intervida pola Xunta de Galicia ante as irregularidades económicas cometidas polos seus xestores (entre os que se atopaba a segunda muller de Camilo José Cela, pero esta é outra historia...).
| Invitación oficial do concello de Ortigueira para asistir ao acto de entrega do Privilexio rodado o xoves 30 de abril de 2026 |
Requisitos de conservación
O documento, de case 800 anos, feito en pergamiño, un material caro pero de máxima calidade e duración garantida, require unhas condicións de conservación extraordinarias. Xa non se trata só dun control estrito de temperatura e humidade, senón tamén de iluminación (a luz solar ou de lámpadas inapropiadas poderían destruir a tinta co que foi redactado o documento), e por suposto, protexido de sustracción, deterioro ou vandalismo e co seguro corespondente.
As directrices dos técnicos na materia (directora do Arquivo Municipal e técnicos do departamento de Cultura municipal) determinarán cal será a mellor forma de conservación e exposición do documento
Proposto de estudo e difusión
Desde Terras do Ortegal consideramos de interese que algún experto en Paleografía e Diplomática medieval estudase e transcribise o documento, artigo que nos comprometemos a incluir nalgún próximo número da nosa revista, e que ademáis diso se fixese por parte do concello de Ortigueira un folleto divulgativo, con carácter máis breve e divulgativo, que fose conservado con orgullo en todos os hogares ortigueireses. Dito queda.
----------------------
Texto: Xosé María Torres
Ningún comentario:
Publicar un comentario