
martes, 22 de decembro de 2020
Presentación da novela COVID-19, do Club de Lectura de Ortigueira

venres, 11 de setembro de 2020
Suaves fantasías. O novo libro do ortigueirés Mario Páez
Suaves fantasías
O novo libro do ortigueirés Mario Páez Álvarez adianta no seu título unha chamada de atención. ¿Haberá lugar, no mundo bulideiro e atarefado no que vivimos, para suaves fantasías? Por suposto; de feito, hoxendía a máxima fantasía sería acadar a propia suavidade; nestes tempos de liñas rectas, o fantástico reside nun lugar curvo, suave e quente onde, sinxelamente, mirármonos a nós mesmos. Xa que logo, e velaí a mensaxe, todas as fantasías son suaves.
Os relatos de Mario remiten a tal lugar fantástico, vencellado inevitablemente á infancia. Os nenos aparecen nos contos ás veces como protagonistas, ás veces como destinatarios duns relatos lixeiros que gustarán aos lectores infantís. Pero as máis das veces aparecen como donos da mirada do narrador; estes relatos son os máis suxerentes.
A inxel mirada do neno está no protagonista que diante dun chan axedrezado avanza en saltos de cabalo, ¡ai de quen nunca tal fixera!, na tentación de recoller propinas abandonadas das mesas valeiras, na nostalxia de Tito Gobbi, do tabaco Capstan, das partidas de pinacle, na lembranza dun libro chamado, ¡nada menos!, «Solón Publícola Temístocles Camilo», na mirada de quen fala dos seus maiores --Pompilio, Cosme, o Fraco, o Ferradura-- con acenos míticos, ou nos pesadelos de quen imaxina unha invasión de barquiños de papel.
Esta mirada chega a ser a raque, a espiña dorsal duns contos que, dende esta perspectiva, se converten propiamente en estampas; os relatos non nos falan de cousas que pasan, senón máis ben do rapaz que contempla as cousas que pasan, moitas veces en longas frases discursivas, outras tantas en liñas de diálogo que xogan con trampantollos e relatos dentro do relato. Mario escribe contos tristes con final feliz e contos felices con final triste; non é sinxelo.
Afirma Mario que os contos foron escritos a vuelapluma. E será certo, porque se len a vuelaojo; en ocasións, este voo de pruma deixa traslucir, coido que á mantenta, certo desgairo e abandono; describindo relampos de nostalxias, parecerá o propio que a escrita veña urdida en fío de pespunto, en bocetos espontáneos e urxentes, sen moita cociña nin manoseo.
Comprei o libro de Mario na coruñesa rúa do Padre Feijóo, nunha libraría que trata o material con tanto primor que se negan a magoar os exemplares con pegatiñas, selos ou carimbos da libraría; nin sequera garabatean o prezo no seu interior, por respecto ao libro. Despois de ler estas suaves fantasías, penso que se algún libro é merecente desta donda delicadeza, é sen dúbida o libro de Mario.
Carlos López-Keller Álvarez
----------------------------
Ficha técnica:
Páxinas: 146. Formato: 150 × 230 mm. Prezo 17 €
ISBN 978-84-17784-18-8. ISBN dixital 978-84-17784-19-5. Depósito legal: M-3402-2019
Máis información:
- Editorial Adarve: https://editorial-adarve.com/mario-paez-suaves-fantasias/
- Entrevista a Mario Páez: https://editorialadarveblog.blogspot.com/2019/06/entrevista-mario-paez-autor-del-libro.html
- https://revistagaleradas.com/libro/suaves-fantasias/
venres, 31 de xullo de 2020
Federico Maciñeira, Socio Protector do Seminario de Estudios Galegos
![]() |
| Fotografía do Almanaque Gallego de Castro López (Bos Aires, 1898) |
- Asesores, que serán propostos pola Sección Directora, con residencia en Compostela e dirixirán todos os traballos.
- Numerarios, propostos por un socio e admitidos na xuntanza seguinte e que teñan feito o seu traballo de ingreso.
- Correspondentes: serán os Numerarios que non teñan presentado o seu traballo de ingreso e os colaboradores do SEG que non poidan asistir ás Xuntanzas.
![]() |
| Listaxe de socios protectores, co nome de Federico Maciñeira na páxina da dereita |
![]() |
| Páxina inicial da Listaxe de socios protectores do SEG |
-------------------
Fonte dos documentos: Arquivo da Fundación Isla Couto
luns, 27 de xullo de 2020
NARCISO LUACES, UN HOME CHEO DE VIDA
![]() |
| Debuxo de Luís, fillo de Herminia e Narciso, que conforma a portada do libro editado en 2018 por Terras do Ortegal |
![]() |
| Ensinando o museo aos nenos, unha das súas paixóns |
As ansias de Narciso, grande autodidacta, por compartir o que el puidera xuntar en obxectos, contos e lendas levouno tamén a facer incursións no mundo da narrativa. «O Carreiro. Memorias do tío Santos» é un libro no que deixou escrito todo o que puido escoitar do Tío Santos, amigo do seu pai, mais imaxino ó curioso rapaz Narciso preguntándolle todo o que se lle ocorrera e poñendo a orella para non perder fío dunha historia que sabía digna de gardar. E, coma non, «Traballo, oficios e crenzas populares dos nosos antergos», onde Narciso da renda solta á súa afección e converte cada páxina nun museo da nosa vida ateigado de explicacións dun home que o viviu ou que lle contaron, que para el viña sendo o esmo pois os contos vivíaos coma se estivera mergullado neles.Foi, coma dicíamos ó comezo, unha tarde ateigada de tristura sen límites, mais preto de nós, un pouco ó norte de onde estabamos a nos despedir do noso amigo, unha estrela alumeaba para nos sinalar un punto de gozo: o fogar onde Narciso ergueu o seu gran pequeno museo, onde agocha grandes capítulos das nosas vidas, onde podemos atopar a razón de ser o que somos e coma chegamos até aquí, ou sexa, o noso alicerce, do que precisamos para seguir en pé; esa luz ten que seguir alumeando para que Narciso non morra dúas veces, iso é o peor que lle pode acontecer a un home e, dende logo, todos temos por certo que Narciso, amigo de todos, por todos e para todos, sen excepción algunha, sen fisura algunha, non sería merecedor desa aldraxe: se o Museo Etnográfico de Meixido desaparece acontecería un segundo, e máis definitivo, xa que logo máis doloroso adeus ó noso amigo.
E unha mágoa que fiquemos nas mans das Administracións Públicas, sempre inhumanas e cheas de números sectarios, mais a esperanza, xa sabemos, é o último que se perde, e pode que esa estrela tamén consiga alumear algunha mente xestora.
sábado, 25 de xullo de 2020
Recorrido polo Camiño dos Arrieiros en Mañón. A actuación de SEITURA-22, exemplo a seguir
A principios de ano dábamos conta da iniciativa que está levando a cabo SEITURA-22 (entidade que xestiona o programa europeo Leader nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal) para poñer en valor e recuperar o uso do Camiño do Arrieiros, que transcorre entre As Pontes e o Porto de Bares.![]() |
| Muiño rehabilitado polo pintor Secundino Rivera, e hoxe habitado polos seus familiares |
![]() |
| Vista de conxunto da igrexa de Santa María de Mogor, no Barqueiro vello |
![]() |
| No Barqueiro, unha paradiña para mirar un cruceiro |
![]() |
| Muiño dos Turrós, no Barqueiro, e ben rehabilitado |
Finalmente, pasando cerca da antigua estación semafórica -hoxe hotel Semáforo- seguimos ata o mesmo Porto de Bares, chegando ao Coído por unha baixada espectacular -e pouco recomendada para espíritos medoñentos- pasando cerca das rocas da Muller Mariña. Alí procedemos a finalizar o recorrido de identificación e a tomar un refrixerio.
![]() |
| Outra vista da Garita de Maeda |
![]() |
| Vista do observatorio de aves e dos muíños de auga da punta da Estaca |
![]() |
| No Chao da Caldeira, preparándonos para subir polo cortalumes cara á Garita de Maeda |
![]() |
| Na base americana, parte do grupo mirando o mar da Estaca |
Está prevista enviar este mesmo ano a proposta básica, que se tería de completar posteriormente.Agardamos que este proxecto liderado por SEITURA-22, que parece contar co apoio tácito da deputación provincial da Coruña, chegue a bo porto. Así sexa!
Texto: Xosé Mª Torres
Fotos: Xosé Mª López, Ana del Valle e Xosé Mª Torres
domingo, 12 de xullo de 2020
Vinte e cinco anos despois, David Fojo na memoria
Destacaba a vocación polo xornalismo por riba das súas outras actividades. Estaba orgulloso do seu xornal e do que significaba para unha gran comarca afastada dos grandes centros, comentábame hai uns días Ramón Barro Bello, prestixioso e distinguido xornalista, fillo desta nobre terra.
David Fojo foi admirado e homenaxeado en vida, mesmo por aqueles que non coincidían cos seus postulados políticos, diferenzas que os seus adversarios adoitaban salvar porque intuían ou sabían que o director da Berza non facía exercicio de militancia cega e con relativa frecuencia adoitaba chamar ao pan, pan e ao viño, viño.
Da relevancia do recordado Fojo Salgueiro daban fe os xornais galegos con motivo do seu pasamento ocorrido o 2 de maio de 1995. El Ideal Gallego destacaba o suceso a catro columnas, cunha foto na que aparecía o falecido entre as máquinas da súa imprenta. Nos titulares sinalaba que estaba considerado como un mecenas da cultura na súa localidade e que era un coñecido e respectado home de negocios, exmilitar
Hoxe, 25 anos despois do seu óbito, a figura de David Fojo Salgueiro segue na nosa memoria e La Voz de Ortigueira («Istes periodiquiños, case recunchos ou currunchos, teñen o embeleso da modestia, da historia», dixit Álvaro Paradela) continúa a súa andaina grazas ao empeño herdado da súa filla Mari Carmen Fojo..
xoves, 25 de xuño de 2020
Unha lembranza de Pepe el ferreiro, fundador do museo etnográfico de Grandas de Salime
![]() |
| Con boina e termando dun xugo, Pepe El Ferreiro, nas Pontes (2013), con Narciso Luaces, Xosé Mª López Ferro, do museo das Pontes, e Felipe Senén, entre outros. |
![]() |
| Entrada ao museo etnográfico de Grandas |
![]() |
| Unha das salas do museo |
Agora, recentemente falecido este pioneiro, vaian as miñas lembranzas para el, e para a súa obra. En definitiva, lembro a Pepe e a Quirós como adiantados, precursores, pero sobre todo, coido que lles debo a idea de que todo o que temos, sexa mar ou terra, aquelo que nos identifica, ten valor; que as pedras das casas, das cortes, dos muíños, os peiraos, as embarcacións varadas, os restos das salgadeiras ou conserveiras, por exemplo, non deben durmir. Quizais, debéramos ser máis conscientes de que o seu valor de uso no so tivo sentido no pasado, tamén o ten hoxe. 

























