sábado, 12 de xuño de 2021

Intervención de Álvaro Dávila na Ofrenda a Julio Dávila no 50º aniversario da súa morte.

Álvaro Dávila ante Carlos Breixo, Cronista,
e Juan Cao, concelleiro de Cultura
(foto: concello de Ortigueira)
 


Onte, 11 de xuño, tivo lugar no cemiterio municipal de Ortigueira unha Ofrenda floral a D. Julio Dávila Díaz (1871-1971), xeógrafo e historiador, con motivo do cincuentenario da súa morte, acaecida en Madrid hai exactamente 50 anos. Foi o primeiro dos actos que promoverá a concello de Ortigueira durante os próximos meses para honrar o sexquicentenario do nacemento dun dos seus fillos máis ilustres. Lembremos que foi firme defensor en Madrid dos intereses de Ortigueira e Cronista Oficial  do concello durante case 30 anos (entre 1943 e 1971), e sen dúbida unha das persoas máis queridas polos ortigueireses de onte e de hoxe.

No fermoso lugar que acolle ao cemiterio de Ortigueira, a punta de Requeixo, e ante o panteón familiar dos Dávila, tivo lugar o sinxelo acto que foi seguido con atención por unha trintena de persoas entre membros da corporación, familiares e amigos. O acto -que se pode visualizar aquí no video gravado polo concello- comezou cuns acordes de gaita do director da Escola de Gaitas de Ortigueira, Rodrigo López, e foi presentado por Juan Cao, concelleiro de Cultura e alcalde accidental, por ausencia de titular, Juan Penabad, que deu paso a Carlos Breixo, Cronista Oficial de Ortigueira.

Este fixo, en castelán, en atención á presenza de varios familiares de D. Julio chegados de Madrid, unha breve semblanza do autor da Geografía Descritiva da comarca de Ortigueira. Coa súa coñecida oratoria fixo un canto á súa figura e á sua amizade con Federico Maciñeira e Pardo de Lama, declarando que emitira un informe que lle fora solicitado pola corporación sobre a dedicación a D. Julio dunha rúa ou outro espazo público en Ortigueira en homenaxe á súa figura. Tempo teremos que coñecer a decisión do concello e o resto de actos que haberá ao longo do ano, entre os que a nosa asociación Terras do Ortegal terá unha pequena contribución coa reedición facsimilar dunha das súas obras.



Foto de grupo cos membros da familia
e do concello que interviron no acto

,

A continuación, e previa á colocación da ofrenda floral no interior do Panteón familiar, tivo lugar a intervención de Álvaro Dávila García, bisneto de D. Julio, e encargado de intervir no nome da familia. A súa intervención, moi emotiva, foi realizada en galego, para sorpresa de moitos dos que alí estábamos. E ademáis nun galego moi correcto, por certo, pese a procedencia madrileña de Álvaro, que máis alá de vir nos periodos vacacionais, se está convertendo nun ortigueirés máis, como o demostra a súa permanencia na nosa vila durante moitos meses deste ano de pandemia. Por iso, e co seu permiso, pareceunos de interese reproducir o seu discurso, que contén trazos emotivos que gustará coñecer a moitos ortigueireses.

Por último, indicar que o acto rematou cunha nova intervención musical de Rodrigo, que interpretou o Himno Galego.

Parabéns a toda a familia Dávila e de forma moi especial a Álvaro!

.

Intervención de Álvaro Dávila García


Sr. Concelleiro de Cultura, Cronista Oficial, amigos:

Rodrigo López, director
da Escola de Gaitas
Como derradeiro fillo da derradeira neta de Julio Dávila, troquei a orde legal dos meus apelidos para preservar a súa memoria e teño o orgullo de ser pai doutro Julio Dávila nado en 2020. Polo que en nome da familia e con fonda emoción, quero agradecer ao Concello de Ortigueira a organización de este acto de lembranza e homenaxe a figura de Julio Dávila de cuxo falecemento se cumpren hoxe, 11 de xullo de 2021, 50 anos. Grazas tamén aos representantes dos grupos políticos municipais asistentes polo apoio.


Julio, como tantos galegos, tomou o camiño da emigración. Nos seus primeiros anos no Cono Sur non tivo unha vida doada senon chea de privacións. Porén afrontóunas coas mellores virtudes que se lle presupoñen aos galegos, a resistencia e capacidade de sacrificio. Grazas a esa perserveranza cedo chegaron éxitos profesionais que lle permitiron vivir con maior folgura e poder empregar cada vez máis tempo na súa paixón, a súa terra. Nun primeiro momento desde Buenos Aires con viaxes de ida e volta a Europa, pero marcado emocionalmente por unha desgraza decidíu acelerar o retorno. A morte en Arxentina do seu primoxénito Jesús Manuel, fixo que decidirá regresar coa sua muller Petra e os seus dous fillos máis novos, Isabel e Julio. Trouxeron con eles o corpo de Jesús Manuel a repousar neste panteón, onde anos despois virían a facelo tamén todos eles. Coa cicatriz anímica da perda e coas costas cubertas froito do traballo en Arxentina decidíu autoimporse una obriga gustosa de dedicación total á defensa dos intereses de Ortigueira.


Ese sino elexido, ben podería vir do seu carácter. Quen coñeceron ao meu bisavó Julio Dávila descríbeno como un home organizado, metódico e atento observador. Tal era a súa meticulosidade que anotaba centos de datos, como a temperatura e condicións meteorolóxicas observadas diaria e exhaustivamente. Esta afección polos detalles xunto co seu carácter espartano, austero e discreto, foron as chaves do su intenso e extenso traballo. A sua obra xeográfica ou mesmo os seus esforzos polo correcto uso do xentilicio ortigueirés son sinais da sua sana obstinación sistemática. Mesmo casi desde a sua tumba pódese observar tamén froitos tanxibles dos seus desvelos, como é o Malecón do porto de Ortigueira.


Os seus descendentes herdamos del a paixón por Ortigueira e sentímonos abraiados polo recoñecemento da sua Vila. Celebramos as iniciativas que agora comezan tanto do Concello como da asociación Terras do Ortegal para a divulgación da súa obra. E soñamos con que se cadra inspirados polo seu exemplo poidan xurdir moitos Dávilas novos que dediquen as suas forzas a defensa dos intereses da comarca e a conservación do patrimonio histórico e cultural.


Moitas grazas a todos

Álvaro Dávila García


------------------------- 


Texto da reseña: Xosé María Torres

Fotografias: Marta Fraga (concello de Ortigueira)





venres, 23 de abril de 2021

Ortigueira hai 175 anos. Que pasou aquel 23 de abril de 1846?

 

Ortigueira uns anos despois dos feitos. Vista
do pintor Ricardo Balaca (4.09.1868)
Aínda segue en pe a vella igrexa do Ponto


Como ben sabía Cervantes, unha liña lixeira, case invisible, separa o heroico do ridículo. Hai 175 anos Manuel Fernández Poyán, avogado e fiscal en Santa Marta, decidiu transitar ese delicado fío de ronsel.

O 2 de abril de 1846 o coronel Miguel Solís protagonizaba un levantamento militar en Lugo; o 15 de abril Santiago sumábase ao movemento co respaldo de referentes do progresismo galaico como Antolín Faraldo ou Juana de Vega, viúva do guerrilleiro Espoz y Mina. Para o 20 de abril Manuel xa tiña organizado en Ortigueira un comando na compaña de Ramón Díaz (avó de Julio Dávila), Fernando Pita, Valentín Camba e Jacobo Álvarez. Aquela mesma tarde o grupo reivindica as súas primeiras accións: aprópianse da correspondencia dun correo real, a quen deixan mallado na pousada, e rouban un cabalo a Manuel Teijeiro, que un criado chamado Vicente Soto, alcumado Carrizo, levaba á corte. 

Retrato oficial
de Manuel Fernández Poyán
como deputado nas Cortes

Na mañá do día seguinte abandonaban Santa Marta. O grupo contaba xa cunha ducia de membros; sobre os cinco orixinarios, xuntáranse Ramón Almoina (cirurxán), Vicente Rivadeneira, Francisco Pita, Ricardo Cao, José Villamil, Vicente Cuevas e Vicente Nieto (ex-carabineiro). Antes de marcharen, Manuel despediuse do seu pequeno afillado de dez anos, Ramón Álvarez Caneiro, quen sería tío carnal de Ramón Álvarez Fustes. 

O comando dirixiuse a Santiago; Manuel sobre o cabalo roubado, e os outros once andando. Na mañá do 23 de abril, mortos de cansazo, chegaron ás portas de Compostela, apenas para contemplar dende os altos de Salgueiriños a derrota da pequena revolución, novamente frustrada. 

Foi entón cando Manuel fixo chamar nun aparte a Ramón Díaz e díxolle que fuxía. Aproveitando que aínda tiña o cabalo do Carrizo, escaparía a Portugal, abandonando ao resto á súa sorte nunha terra inzada de militares. E tal cual fixo. O grupo esgazouse: Rivadeneira e Camba marcharon a Portugal, Nieto escapou cara o monte e os outros oito quixeron regresar a Santa Marta, mais foron detidos o día 27. Os soldados comentáronlles entre risos que o día anterior os dirixentes da revolta foran fusilados no camposanto de Paleo, perto de Carral, e que os seguidores dos sediciosos correrían a mesma sorte. 

Ramón Díaz, Fernando Pita, Valentín Camba e Jacobo Alvarez foron condenados a pena de morte, por participaren no ataque contra o correo; os outros cinco, Ricardo Cao, Ramón Almoina, Francisco Pita, José Villamil e Vicente Cuevas foron condenados ao desterro en África.

Por fortuna, a sentenza non se cumpríu. Despois de cinco meses na cadea, todos eles foron amnistiados (ver neste mesmo blog: Que lle debe Ortigueira a Isabel II?). 

Monumento aos
mártires de Carral


Non soamente amnistiados. Os protagonistas do levantamento do 1846 pasaron en moi poucos anos de ser traidores a ser heroes. Abeirado entón pola brisa do éxito, Manuel Fernández Poyán regresou do exilio en Portugal e iniciou unha carreira política co orgullo de ser compañeiro de loita dos mártires de Carral. Foi deputado nas Cortes, decano do Colexio de Avogados de A Coruña e home de éxito e fortuna. Os outros once non esquecerían ao traidor. 

Ramón Díaz, o vello lugartenente de Poyán, foi o pai de Dolores Díaz, quen aínda hoxe presta o seu nome ao asilo de Santa Marta, e avó de Julio Dávila. O seu neto atopou entre os seus papeis un vello caderno de sesenta e tres páxinas titulado “Los doce amigos” onde se relataba a historia. De regreso a Arxentina, Julio Dávila publicou na revista Almanaque Gallego, en 1902, un espléndido artigo sobre o caderno que atopara entre as pertenzas do seu avó.

O 23 de abril de 1521 o exército do Emperador Carlos rematou nas campas de Villalar co soño comuneiro; cúmprense agora cincocentos anos. Pero Ramón Díaz lembraría a derrota doutro 23 de abril; o día de 1846 no que ás beiras do Tambre o seu xefe abandonounos chorando, baixo unha choiva de torrenteira, para fuxir a Portugal. Dalí regresaría meses despois, heroico e ridículo, preparando un peito enchido de fachenda para recibir as medallas dos mártires.

Sic transit gloria mundi.

------------------------------

Texto: Carlos López-Keller Álvarez

Para máis información:

  • López-Keller Álvarez, Carlos (2014): "Santa Marta na revolta de 1846. Peripecias da cuadrilla de Poyán, revista Terras do Ortegal nº 1, 75-84.



xoves, 8 de abril de 2021

Prietas las filas: Os batallóns escolares en Ortigueira

Batallón infantil en Tui arroupando

ao arcebispo de Santiago con armas

e instrumentos musicais.




Malia o clima de crispación política e social no que estamos vivindo, e que teñen a escola tamén coma lugar de habituais enfrontamentos, de momento, a ningún dos nosos políticos e nomeadamente aos dese novo nacional populismo rampante se lles ocorreu resucitar aqueles antigos batallóns escolares, aos que imos dedicar unhas liñas. 

Os primeiros batallóns escolares xurdiron na Europa do século XIX (Francia regularizounos en 1882) respondendo ao interese da clase burguesa por disciplinar e domesticar aos fillos da emerxente clase obreira, ademais de ser un tempo no que se comezaba a aceptar as bondades da actividade física na educación dos infantes.

En España unha das primeiras experiencias púxoa en marcha o pai Andrés Manjón nas súas Escolas do Ave María en Granada (1888). Uniformou ao seu alumnado (xitanos, pobres e analfabetos), e aplicou un réxime castrense, mesmo dotándoos de réplicas en madeira das armas do Exército. Esta foi a liña de implantación dos primeiros batallóns españois, con nenos dos hospicios e de escolas públicas municipais. 

Batallón escolar nunha escola francesa
(1882-1900)

Porén, tivo tamén moitos detractores. A Institución Libre de Enseñanza (ILE) foi a máis firme nas súas críticas. Un dos seus seguidores, o coruñés Eduardo Vincenti, sendo director de Instrución Pública, prohibiu en 1894, a través dunha Circular, a participación dos mestres nestes proxectos “por temor a que esperte nos nenos un instinto belicoso”i

Sen embargo os ditadores militares foron moi proclives a fomentar e impor estas prácticas. Así Miguel Primo de Rivera (1924-1931) creou o Servizo Nacional de Educación Física, Cidadana e Premilitar co obxectivo de institucionalizar un sistema de educación física de adoutrinamento patriótico. A militarización dos escolares na España franquista foi un feito habitual que contou coa complicidade da xerarquía católica. Tratábase de formar dende a escola primaria a unha nova xeración da cruz e da espada que se identificara cos valores do novo Estado e seguise as pautas da nova ideoloxía nacionalcatolicista. Desfiles, saúdos, marchas e paradas militares mesmo con armas as máis das veces feitas de madeira por veciños habelenciosos son algúns dos aspectos que me traslada un veciño e amigo lembrando os seus anos de escola na súa aldea de Devesos:

  • —“ 
    La Voz de Ortigueira, 30.01.1937
    O que era escola, escola, poñía pouca. Entre as visitas daquel cura falangueiro, que adornaba a súa pequena figura cunha sotana na que sobresaía unha incontábel ringleira de botóns e un descolorido chapeu, e os continuos desfiles militares, que con mosquetóns de madeira feitos por un veciño carpinteiro, que mesmo parecían de verdade, botábamos a meirande parte do tempo
    ”.

Outra referencia destes batallóns infantís atopámola nesta ocasión no libro “Galicia: o oficio de vivir. Nenos”ii de Gonzalo Allegue, onde vemos un completísimo batallón infantil fotografado despois de facerlle unha parada militar de benvida ao arcebispo de Santiago de Compostela na súa visita á catedral de Tui. 

E por último para afondar máis nesa comuñón igrexa-escola-patria, reprodúcese unha crónica da festa patronal da parroquia devesana. Na páxina 3, o xornalista describe o fervor patriótico e relixioso daquela rapazada:

  • ..”A los acordes de la afinada banda «Lira Ortegana» y precedidos de la enseña de la Patria, aparecen, en correcta formación, los apuestos «CAMISAS AZULES*, escuadras de la Falange y «FLECHAS» que al mando de su Jefe local (el culto maestro nacional D. Salvador Díaz Manso) ocupan en perfecta línea la nave central, subiendo un piquete las gradas del altar para hacer guardia de honor al Señor de los Ejércitos”iii.

Como epílogo do texto, o redactor pregúntase con certa ironía, se esta nova infancia- limpa, correcta e disciplinada- será a mesma que aqueloutra rebelde e agreste en cuxos corazóns depositaran os seus mestres o xermolo do rancor nun ambiente social infecto (sic), en clara referencia ao alumnado da escola laica La Devesana. 



Cara al Sol...

En sintonía co réxime dominante no país , a disciplina militar foi  ben vista por moitos profesores de educación física, rescatados do Exército,  que exerceron ata ben avanzados os anos sesenta do século pasado. Se quitamos as arañeiras dos nosos ollos aínda podemos lembrar con claridade as salas de ximnasia dos nos nosos institutos. mosaicos imaxinarios inzados dun aire espartano onde resoaba con aire marcial a voz do profesor:  “dereita, esquerda, media volta, aliñaaaaarse!!! ”.


  1. i El Correo Militar, Madrid, 13 de setembro de 1894.
  2. ii Galicia: o oficio de vivir. Nenos. Editorial Nigra Imaxe. Vigo. 1997.
  3. iii La Voz de Ortigueira. Nº 1080. Año XXII, 30 de xaneiro de 1937.

-------------------

Texto: Emilio Castro Fustes, mestre.




mércores, 7 de abril de 2021

A rúa do Príncipe de Ortigueira... a que príncipe se refire?

Alfonso XII en 1865, cando se lle
puxo o nome de Príncipe
á rúa de Ortigueira

A rúa do Príncipe do Ortigueira é unha das máis características de Ortigueira, entre outras cousas porque é a que conduce ao Cemiterio Municipal situado na punta de Requeixo. 
 A rúa sae da praza de Isabel II, tamén chamada do Concello ou da Igrexa, pois ambas institucións se sitúan nela, e incluso praza do Mercado, pois nela tiña lugar o mercado semanal de xoves e domingos ata os anos 70 de pasado século XX, do que queda o esbelto tinglado de columnas, con deseño modernista, recentemente restaurado en 2020.

A rúa do Principe foi, durante o século XIX, unha das 3 máis importantes do casco vello da localidade; recibía daquela o nome de rúa do Medio (había tamén a de Abaixo e a de Arriba) ou do Comercio, pois nela se situaban os establecementos comerciais da vila, ubicados en baixos con soportais, como nos ten lembrado Manel Bouzamayor na súa serie "Ortigueira en el siglo XIX" (*). Nun principio a rúa chegaba ata a antigua casa Rectoral do Ponto, se ben hoxe considérase que a rúa chega ata o cemiterio.

Unha dúbida que teñen moitos ortigueireses é: a que príncipe se refire a nome da rúa?

Para dilucidalo, imos facer a pescuda en dúas partes:

Alfonso XII de mozo

1. Desde cando ten o nome de rúa do Príncipe?

Para sabelo, recorremos aos datos que temos dos nacementos dos fillos de Florentino Castiñeiras Cao, o fundador da tradicion musical de Ortigueira a mediados do século XIX. Casada con Petra Villarnovo, o matrimonio tivo máis de 10 fillos, o primeiro dos cales foi Pedro, que máis tarde sería farmacéutico e artista destacado (*). Pois ben, Pedro naceu en 1851 na rúa do Medio, o mesmo que varios dos seus irmaos ata 1863 en que naceu Victor; pero cando nace Benigno, en 1866, o nome da rúa xa cambiara ao de Príncipe.

Pero xa uns meses antes, cando nace María Jesús Díaz Teijeiro, tía de Camilo Díaz Baliño e tía-avóa, por tanto, de Isaac Díaz Pardo, en outubro de 1865, a rúa se denomina "do Príncipe". Polo tanto, estimamos que o cambio debeu producirse a principios ou mediados de 1865.

Unha das razóns do cambio foi a orde do Goberno Central de 1859 de colocar róitulos cos nomes en todas as poboacións do reino. A iso seguiu, en 1860, a decisión de concello de titular con nomes de maior prestancia ás rúas, abandonando os nomes tradicionais

2. A que príncipe se refire?

Esta dúbida ten máis fácil solución. Sen pensalo moito, calquer ortigueirés pode pensar que se trataría de Alfonso XII ou Alfonso XIII, pero vendo os anos dos que estamos falando, todo nos conduce a Alfonso XII. Vexamos algún dato del:

Alfonso Francisco de Asís Fernando Pío Juan María de la Concepción Gregorio Pelayo de Borbón e Borbón naceu en Madrid o 28 de novembro de 1857; era fillo da raíña Isabel de Borbón, Isabel II (ver outra entrada no noso blog: Que lle debe Ortigueira a Isabel II?) que se ben estaba casada con Francisco de Asís de Borbón (curmá da propia raíña) e era o rei consorte, non foi o pai biolóxico do príncipe. En efecto, está recoñecido que o pai verdadeiro foi o 

Caricatura cos diferentes periodos
do Sexenio Democrático

capitán de enxeñeiros Enrique Puigmoltó, un aristócrata, que foi un dos numerosos amantes que tivo a raíña (unha tradición borbónica, á que despois se dedicaron con amplitude Alfonso XII, Alfonso XIII e o actual "rei emérito" Juan Carlos I).

A vida do futuro Alfonso XII foi convulsa: en 1868 ten lugar a Revolución Gloriosa, coa derrota das tropas isabelinas na batalla de Alcolea, debido á que a familia real foxe a Francia, e hai unha sucesión de acontecementos vibrantes durante os 6 anos do chamado Sexenio Democrático:


  1. Goberno Provisional (1868-1871)
  2. Nomeamento de Amadeo I de Savoia (1871-1873) como rei de España.
  3. Primeira República (1873-1874), que remata cun pronunciamento militar pro-monarquía.
  4. Restauración da monarquía na persoa do rei Alfonso XII.

Este último retorna a España en xaneiro de 1875. Tería un reinado curto, pois en novembro de 1885 morre de tuberculose, a escasos días de cumprir os 28 anos.

Cando se lle da (sen saber o motivo) a nova designación da rúa en 1865, o futuro Alfonso XII tiña 9 anos; tras iso, non sabemos se o concello ortigueirés suprimiría o nome en 1868 ou en 1873, durante o periodo revolucionario e republicano, e se sería restaurado en 1875. En todo caso, o nome de  rúa do Príncipe foi o que chegou a nós nesta altura do século XXI.

Finalmente, aclarar, como saberán moitos, que en realidade Alfonso XIII, fillo póstumo de Alfonso XII, naceu xa rei, polo que nunca foi principe, nin por tanto se lle puido dedicar a él a nosa rúa.


Bibliografía

(*) Publicada inicialmente en La Voz de Ortigueira e despois en La Prensa Ortegana, o semanario que el mesmo editou durante 3 anos, entre 2016 e 2018.

- Torres Bouza, Xosé María. "Pedro Castiñeiras Villarnovo (1851-1927), farmacéutico músico e artista". Inédito


mércores, 31 de marzo de 2021

O primeiro Colexio- Academia de bacharelato do Ortegal. 1889.



Poucos datos hai sobre os inicios do ensino secundario en Ortigueira e no Ortegal a finais do XIX e primeiro terzo do XX. Hai que lembrar que nesa época o ensino obrigatorio só comprendía os 4 cursos da educación primaria, que nin siquera todos os nenos -e menos as nenas- conseguían cumprir. E non falemos da calidade dese ensino, habitualmente en escolas de aula única, con nenos de todas as idades mesturados en alegre confusión. Os que se podían permitir un segundo ensino tiñan a necesidade de facer un exame de Ingreso ao bacharelato, para cuxa preparación era habitual empregar ou dedicar un ano enteiro.

Para os que conseguían superar esa fase de instrución primaria, e desexaban continuar cos estudos de calquera educación académica, técnica, ou práctica, debían facelo fóra de Ortigueira e sufragada pola familia dos alumnos. O mesmo ocorría cos estudos universitarios, accesibles só a unhas familias adiñeiradas e ilustradas.

Para o ensino de secundaria, do bacharelato, había varias opcións:

a) Institutos, existentes só nas capitais de provincia e máis adiante nas cidades importantes. Así, na provincia da Coruña, só existían na Coruña, Santiago e Ferrol.

b) Seminarios diocesanos da igrexa católica.

c) Colexios privados, que na súa meirande parte eran tamén relixiosos, existentes só en cidades ou vilas importantes.

Había unha cuarta opción: os colexios, denominados tamén academias, sen recoñecemento oficial, e que por tanto non podían realizar os exames oficiais nin emitir títulos; estaban adscritos ao instituto da capitalidade provincial que é o que certificaba as notas.


Ortigueireses con estudos universitarios

Julio Dávila
 
Hai constancia de que varios ortigueireses a finais do século XIX estudaron o bacharelato e a continuación seguiron estudios universitarios. Como queda dito tiveron que estudar fóra da vila. Entre eles, os farmacéuticos Pedro Castiñeiras e Julio Almoyna, que estudaron no Seminario Conciliar de Mondoñedo e no Instituto Provincial de Lugo, ou personalidades como Pedro Castiñeiras Teijeiro (que sería notario) e Leandro Pita Sánchez-Boado, que estudaron no prestixioso colexio de Xesuitas de Camposancos (A Guarda). Outro boticario, Benigno Castiñeiras Teijeiro estudaría nos anos 1910 no Colexio Católico da Coruña.

Sobre a ensinanza secundaria hai unha breve cita de Julio Dávila1:

«Por la creciente necesidad de que la Villa contase con un colegio para estudios secundarios hubo varios intentos: en 1889, por Gaspar Gómez de la Peña; en 1915 por don Vicente Romero Hernández, y pocos años después por don Joaquin Landrove. Fue en el año 1926 que el malogrado joven perito mercantil don Antonio Martínez inició la que hoy es la Academia Santa Marta, que está dando felices resultados.”


Partindo dela temos localizado a seguinte información sobre o Colexio Galileo, que estimamos foi o primeiro centro docente de Ortigueira, e incluso do Ortegal —se non se nos desminte— isto é, dos 4 concellos que compoñían daquela a comarca: Cedeira, Cerdido, Mañón e Ortigueira


Plano de alineación da rúa da Alameda de 1867. Na parcela nº 7,
sinalada coa flecha, construiu Cándido Regueira
a casa onde se instalou o Colexio Galileo.
(Cortesía de Manel Bouzamayor)

Colexio Galileo. 18892.

Este colexio, segundo indica Julio Dávila, estaba promovido por Gaspar Gómez de la Peña, Licenciado en Ciencias. O profesorado, según o BOP de 1889 no que se difunde a súa adscrición ao instituto provincial da Coruña, estaba formado por:


«- Latín y Castellano 1º y 2º curso, Retórica y Poética, Psicología, Lógica y Ética, D. Emilio Albiach Ripoll, licenciado en Filosofía y Letras.

- Geografía, Historia de España, Historia Universal, Francés 1º y 2º curso, D. Juan Guerrero.

- Aritmética y Álgebra, Geometría y Trigonometría, Física y Química, Historia Natural y Agricultura, don Gaspar Gómez de la Peña, licenciado en Ciencias.

Emilio Albiach en Madrid
en 1903 na sede do ABC

Coruña, 19 de Noviembre de 1889.== El Director, José Pérez Ballesteros.»


Este colexio, segundo algunhas noticias, estaba instalado no edificio que o indiano Cándido Regueira (3) construiría nos anos 1870 na zona centro da rúa da Alameda ortegana, e na que se instalara tamén unha das primeiras sociedades de recreo de Ortigueira, o Circo de Artesanos.

Non sabemos quen eran e que facían en Ortigueira as 3 persoas que compoñían o seu profesorado, que polos seus apelidos serían de orixe foránea, pero determinados formalismos amósanos unha singular iniciativa docente de peso: elección ou escolla de nome do colexio e solicitude formal perante a Administración. En todo caso, a existencia do colexio foi efémera, pois consta que Emilio Albiach e Gaspar Gómez estaban ao ano seguinte, 1990, en Montoro (Córdoba), onde poñerían en marcha un colexio de igual nome, Galileo. Albiach residía en 1903, casado e sen fillos en Alicante, cidade onde -ese mesmo ano- Gaspar Gómez era xefe de negociado do Goberno Civil. Curioso, ou extraño percorrido paralelo por toda a xeografía española.


---------------------

Texto: Xosé María Torres.

Agradecementos:

- A Carlos Breixo, Cronista oficial de Ortigueira, a cesión, hai xa tempo da colección de artigos de Julio Dávila que atesouraba Federico Maciñeira e Pardo de Lama.

- A Emilio Castro Fustes, ex-director do Museo pedagóxico de Galicia pola súas orientacións.


Notas:

1. Dávila, Julio (1949): “La Villa de Santa Marta desde el año 1600. Su desarrollo urbano y su vida económica y social”, La Voz Ortigueira (serie de artigos publicados no ano 1949). 

2. Boletín Oficial de la Provincia de La Coruña, 28.11.1889

3. Torres Bouza, Xosé Mª (2018): "O colexio relixioso das Obreiras da Cruz en Ortigueira (1962-1966)". Terras do Ortegal nº 5.

4. Bouzamayor Riola, José Manuel. Ortigueira en el siglo XIX. Inédito.




luns, 22 de febreiro de 2021

"Naves Celtas" y "Leyenda del Galatea", dos libros de Alberto Vera Meizoso

 



Siendo muy joven el autor se enrola en los grandes veleros de finas líneas y ampuloso velamen Galatea y Juan Sebastián Elcano. En 2002, La Voz de Ortigueira recoge algunas crónicas navales que merecieron la atención de los lectores.

Prueba de mar de una embarcación
 construída por Alberto Vera
Recuerdo como fue el parto de los dos libros del magnífico artesano y amigo Alberto Vera, pues de aquella también se paseaba por La Rioja “Querida Azul” para su impresión. Se editaron en Logroño.


El primer libro, 
Naves Celtas es una reflexión en torno a las primeras embarcaciones recubiertas con piel de bueyes, la portada e ilustraciones que presenta son de su hija Sara Vera y de la recordada artesana Ana Rosa García del Burgo; la traducción y el prólogo es de Lela Castro y la contraportada de Tiago González Arís. El libro consta de 100 páginas, que tratan temas como la propulsión alternativa, carta embarcación de quilla furada. “Navegar es necesario”, que es el título del prólogo que le pedí a mi gran amigo,

Fernando Güemes, médico y escritor vivariense, fallecido en Madrid hace años.

Entre otras cosas dice: «En Naves Celtas se hace una cuidadosa descripción de los métodos utilizados por el autor, los múltiples problemas y la manera de resolverlos. Nada se escapa al planteamiento, desde el diseño del casco, medidas, estabilidad y dinámica. No en vano es un hombre de mar que sabe de lo que habla».



Alberto Vera paseando
por Penavide (Devesos)


El otro libro, Leyenda del Galatea y una colisión en el mar sin nombre, es un canto dedicado a esas criaturas espléndidas que vinieron al mundo para ser amadas (Conrad). Son 171 páginas que no dejan indiferentes a los lectores. Como dice Margarita Gómez Terán: «Alberto, tu virtud es el ejemplo que plasma un solo verso. El amor consecuente con lo infinito del Mar, transparente como el alba que nos ofrece el nuevo día. Así es su palabra escrita». 


Libros y fotografías impresionantes que ya son historia. Libros que están en un lugar de honor en mi Biblioteca. Capitán, mi capitán..., a seguir navegando en el proceloso mundo que nos toca vivir en estos tiempos de pandemia colectiva.

Con diez cañones por banda, viento en popa, a toda vela… siga usted.

-------------------

Publicado no semanario La Voz de Ortigueira o .02.2021

Texto: Luli Dopico

Foto de Alberto Vera: Marcial Tenreiro Bermúdez

domingo, 21 de febreiro de 2021

Charla on line: Mulleres de papel. O muller no mundo do mar na documentación gráfica e escrita (séc. XVIII-XX)

 

Mulleres lañando sardiña
(Fonte: Museo do Mar de Galicia)




Con motivo do Día da Muller Traballadora, celebrado con carácter internacional o oito de marzo, o centro asociado da UNED de Pontevedra celebra de modo anticipado unha conferencia on line, aberta a todos os públicos, que será impartida por Xosé María Leal Bóveda, investigador do mundo do mar e profesor-titor nese centro universitario.

Leal, que é tamén socio e destacado colaborador na revista Terras do Ortegal, quixo compartir con nós o anuncio da charla, que está aberta a calquera persoa interesada. Invitamos, por tanto, 

Data:               4 de marzo, xoves de 2021
Horario:     17:00 a 19:00 h.
Difusión:   a traveso de Microsoft Teams, que require inscrición previa, de carácter gratuita.
Inscrición:     pode facerse aquí.

O programa da charla é o seguinte:


1.- CARACTERÍSTICAS SOCIOECONÓMICAS DEL ANTIGUO RÉGIMEN. Economía, sociedad, población, política, cultura. El Antiguo Régimen demográfico y las altas tasas de natalidad y mortalidad. El modelo de transición demográfica a la era pre e industrial.

2.- EL ANTIGUO RÉGIMEN EN GALICIA.
3.- LA MUJER EN EL ANTIGUO RÉGIMEN EN GALICIA. Fuentes para su estudio. El nacimiento y la inserción social. La mujer en los sectores productivos. Diferenciación entre la mujer privilegiada y la no privilegiada. La reproducción de los roles a través del sistema educativo y religioso.
4.- MARCO TEÓRICO PARA EL ESTUDIO DEL PAPEL DE LAS MUJERES EN EL MUNDO DEL MAR. El mercado de trabajo. Diferenciación por sexo, trabajo y salario. Teorías (neoclásica, dual e feminista). La situación en España e Galicia.
4.1. LA TEORÍA NEOCLÁSICA. Los estudios de Horres e Humphries (1995) para la industria británica. Tilly (1979) para Francia. La industrialización española; el tabaco, los textiles, la salazón y conserva. La segregación ocupacional por la baja cualificación y la menor productividad femenina (Higgs: 1987, Goldin: 1995, Costa: 1995, etc.).
4.2. LA TEORÍA DUAL (Doeringer e Piore: 1971). La existencia de dos segmentos con diferentes condiciones laborales; uno masculino con puestos estables, relativamente bien remunerado y con posibilidades de promoción interna; otro femenino con contratos inestables, pocas vistas de ascenso internas, escasa calidad en lugar de trabajo y baja remuneración. La protoindustria e industria alimentaria del mar, salazón, conserva hermética (Anker: 1997).
4.3. LAS TEORÍAS FEMINISTAS. Centran la atención en factores ajenos al mercado y en la influencia de causas no económicas (sociológicas, culturales, -nosotros añadimos políticas-) para explicar la división de ocupaciones y salarios por sexo. La idea básica es que la situación de desventaja que tiene la mujer en el mundo laboral viene determinada por el lugar subordinado que ocupa en la familia y en la sociedad (Humphries: 1987), (Sen: 1983). 
4.4. En España, Galicia y otros países, la concentración de mujeres se producía en industrias relacionadas con comer y vestir pero también con el tabaco y el servicio doméstico entre otras actividades (Sarasúa: 1994, Gálvez: 1997, 2000). La segregación no sólo tuvo lugar entre industrias sino que dentro de la actividad industrial las mujeres eran colocadas en el sector secundario con escasas posibilidades de promoción interna y sufriendo peores condiciones de empleo. Esto sucedía en el textil catalán, salazón y conserva hermética gallega, tabaco, calzado, metal, vidrio, etc. (Camps: 1995, Muñoz: 2002, Gálvez: 2000, Pons: 2001, Escartín: 2003, Ibarz: 2007, Enrech: 2007, Borderías: 2008).
Históricamente, el sector de transformación de pescado fue uno de los mayores empleadores de mujeres en buena parte del litoral español y mucho más en el gallego. La industrialización de los productos del mar abría, para las mujeres que vivían en comunidades marítimas, nuevas oportunidades de empleo asalariado que en el período preindustrial no existían pero el trabajo que surgía, derivado de las pequeñas revoluciones industriales en las áreas costeras, lo hacía segmentado por sexo y salario (Muñoz: 2002).
5.- LA MUJER EN EL MUNDO DEL MAR GALLEGO. LAS MUJERES EN EL PAPEL. El tratamiento de la mujer marinera en las fuentes documentales; gráficas o escritas. La invisibilidad, el anonimato, el maltrato. La presencia. 
5.1. La mujer proletaria en el mundo de la pesca. Las actividades complementarias (la tierra y el telar). La siega en Castilla y la prohibición de ir a ella. La organización del trabajo en el mundo del mar. El trabajo de ribera, en la salazón. Trabajo masculino/trabajo femenino. La diferenciación funcional, salarial y contractual. Otros trabajos; rederas, porteadoras de pescado, carbón, sal, sardina salada, pescantinas, vendedoras de sal, mariscadoras, el encarne y la elaboración de aparejos y palangres, el trabajo estacional en la salazón, las percebeiras. La situación de la mujer proletaria en el mar a través dos documentos gráficos y escritos. Otras ocupaciones de la mujer marinera; la familia, la tierra, el trabajo para los poderosos (lavandera, criada, etc.).
5.2. La mujer reivindicativa dentro de la lucha de clases. Las luchas contra los catalanes. Las mujeres del golfo Ártabro y los motines anticatalanes. Los asaltos a los barcos e instalaciones de los catalanes. La conflictividad en el mar gallego.
5.3. La mujer en la conserva. El proceso de producción; manual, mecanizado. La mano de obra masculina y femenina, la especialización funcional, el distinto salario, la marcada estacionalidad para ellas, el proceso de aprendizaje, las condiciones del trabajo. La solidaridad de grupo. De las reivindicaciones del período de entresiglos (XIX-XX) a las protestas de las conserveras en la Autarquía franquista en el Sindicato vertical.
5.4. Las otras mujeres anónimas relacionadas con el mar; panaderas, tejedoras, taberneras, pescantinas, etc., vistas a través do Catastro de Ensenada.
5.5. El anonimato femenino en diferentes profesiones del mar a través de otras fuentes; protocolos notariales, matrícula industrial, hijuelas, testamentos, la necesidad de permisos de los hombres para actos jurídicos.
5.6. La mujer proletaria en la constitución de compañías de pesca. La parte de los maridos, hijos, hermanos.
5.7. La mujer proletaria reclamante de los derechos del hombre (pagas, pensiones, derechos por el corso), hijo, hermano, por las muertes en los servicios en la real armada y en el corso. Criadas menores de edad, criadas mayores. La prohibición de la participación en las tareas de descarga nocturna da sardina. La prohibición de acudir a la siega a Castilla en compañía de sus maridos, hermanos, padres, mayorales. Las sanciones.
5.8. Los roles y la inserción sociales. Dotes y peticiones de mano en la documentación escrita. Los contratos matrimoniales. Los casorios, las dotes y los derechos de las mujeres marineras. Los apartamientos y negaciones de promesas matrimoniales. La endogamia de los catalanes con las catalanas y el casorio de las gallegas acomodadas con los catalanes. O caso de las mujeres de Mugardos con los catalanes. Los contratos de casorio e el impedimento del cumplimiento por la actividad corsaria. Mujer/hombre en los puertos de mar.
5.9. La mujer corsaria, pirata y en la armada real.
5.10. La mujer burguesa. Mujeres navieras, empresarias de salazón y conserva. Los primeros años de anonimato como viudas de empresario de salazón o conserva. El traspaso de poderes a los hijos de mayor edad. La continuidad de la actividad empresarial por parte de ellas.
5.11. La venta del patrimonio en el caso de no haber descendencia.
5.12. Los asientos de la sisa de vinos, licores, aguardientes, banastería, alhóndiga, préstamos, foros, negocios inmobiliarios, etc.
5.13. La mujer empresaria en compañía con hombres. El comercio de granos y sardina con Francia e Vizcaya.
5.14. La mujer gallega acomodada y la separación de bienes con su marido. 
5.15. Las mujeres acomodadas en los abastos de la administración; la sal. 
2.15. LA MUJER EXISTE EN LA DOCUMENTACIÓN OFICIAL Y PRIVADA, DE FORMA ANÓNIMA, NINGUNEADA Y MALTRATADA, PERO EXISTE, SÓLO HAY QUE BUSCARLA.