xoves, 27 de abril de 2017
Presentación de O segredo da runa, de Luli Dopico, no Instituto de Ortigueira
Contar coa presenza dunha escritora nun instituto é sempre un luxo; se ademáis esa escritora é da zona, a sua presenza convírtese nun acto fraternal.
E así foi hoxe no IES de Ortigueira, ao que acudiu Luli Dopico para presentar a súa última obra, a novela O segredo da runa, editada pola asociación Terras do Ortegal.
A invitación foi feita por Gumersindo Martínez, profesor de Lingua e Literatura Galega no citado centro educativo, para presentar o último libro editado no noso concello aos alunos de 1º de bacharelato.
O acto contou tamén coa presenza de Álvaro Fernández Polo, afamado fotógrafo de natureza, e autor das fotografías que ilustran a obra e salientan os lugares claves onde se desenvolve a trama da obra. Asistiu tamén o seu home, Chente, para colaborar na proxección do video coas fotos, así como Charo Suárez, amiga da autora e compañeira na experiencia cultural de edicións O Paporroibo nos anos 90, e que está reflexada na obra.
Luli, ademáis de presentar a súa novela, fixo entrega de dous exemplares da mesma para a Biblioteca do Instituto, así como outro de A pena das calandras, a súa novela anterior, e primeira das protagonizadas pola garda civil Tona Andújar, a personaxe creada por Luli.
sábado, 1 de abril de 2017
Historia da pesca e do salgado no Ortegal. Investigación e altruismo
Este pasado venres, 31 de marzo, tivemos en Ortigueira unha interesante disertación, a cargo do historiador Xosé María Leal que tratou sobre a "Historia da pesca e o salgado no Ortegal".
Organizada pola concelleira de Patrimonio, Vanesa Trevin, que presentou o acto celebrado na Biblioteca Municipal, tivo un doble interese:
- Por un lado o citado investigador presentou varias primicias obtidas na sua investigación sobre a chegada dos cataláns no século XVIII á nosa zona; cabe dicir que nesa investigación o Arquivo Municipal de Ortigueira, que calificou de marabilloso, é unha peza fundamental, polos datos, expedientes e legaxos que atesora.
- Pero por outro lado, o acto serviu para anunciar un feito pouco habitual nos investigadores, ben sexa históricos ou doutra rama da ciencia: Leal poñerá a disposición da comunidade de investigadores unha importante relación de documentos, extractos e transcripcións dos mesmos, e incluso bases de datos básicos obtidas en diferentes arquivos de Galicia e de fora de Galicia (como o de Viso do Marqués, en ciudad Real, onde se conserva o Archivo General de la Marina Española Álvaro de Bazán)
Desde hoxe, os investigadores que acudan ao Arquivo de Ortigueira, contarán coa posibilidade de acceder de forma rápida e libre a numerosos datos que doutra maneira terían que buscar en arquivos dispersos perdendo un tempo precioso.
Felicitamos ao investigador Xosé María Leal pola súa iniciativa que seguramente dará máis dunha satisfacción á Directora do Arquivo, María José Villasánchez.
Para rematar, podemos confirmar que o número 4 de TERRAS DO ORTEGAL, que sairá o próximo mes de xullo, contará cun traballo de Xosé María Leal, onde dará conta detalladamente dalgunha das primicias anunciadas no acto.
xoves, 16 de marzo de 2017
Novo traballo de Carlos Breixo sobre a familia Pita en Neda e Ortigueira
.
Como moitos saben, o noso Cronista Oficial colabora habitualmente con varias revistas de estudos e divulgación de temática histórica. Unha delas é a revista DE NEDA, editada polo concello cun carácter anual que non sempre se cumple. De feito esta revista, xa veterana, que ven de publicar en decembro de 2016 o seu número 17, en realidade corresponde aos anos 2014-2015.
Máis alá destas cousas, para nos o importante é que inclúe un longo estudo de Carlos Breixo -páxinas 61 a 99 da revista- sobre as familias Pita e Díaz Tenreiro, sobre as que Breixo xa se ten ocupado anteriormente, polo que as coñece ben.
Nesta ocasión fala da pegada destas familias nas vilas de neda e Ortigueira nos séculos XV e XVI.
A revista ten un carácter gratuito e pode conseguirse dirixíndose á biblioteca municipal de Neda. O seu horario é de 8.30-12.30 e de 16.00-20.00 h
Polo demáis, felicitamos á revista DE NEDA por ter retomado a difusión da sua publicación, un exemplo onde se mira TERRAS DO ORTEGAL para seguir mellorando.
martes, 14 de febreiro de 2017
Visita á planta de Conservas MAR DE ARDORA
.
A empresa está a cargo de Alberto
Sánchez de Toca e Sergio Baamonde, que nos recibirán e guiarán durante a visita
Dentro das actividades que
organiza regularmente TERRAS DO ORTEGAL, imosorganizar unha
visita á planta de procesado de algas mariñas Conservas MAR DE ARDORA,
ubicada no polígono Industrial de Cuiña (Ortigueira)
Conservas MAR DE ARDORA é unha
innovadora empresa que procesa de modo artesanal e sustentable algas mariñas.
Prepara algas deshidratadas, en conserva ou frescas, pero tamén innova
preparando outros produtos alimenticios como cervexa con algas ou marmelada con
algas.
A empresa está a cargo de Alberto
Sánchez de Toca e Sergio Baamonde, que nos recibirán e guiarán durante a visita
O programa será o seguinte:
VISITA Á PLANTA DE PROCESADO DE ALGAS MARIÑAS MAR DE ARDORA
Data: sábado, 25 de febreiro
Horario: 12.15 a 13.45 aproximadamente
A
visita require inscrición e pagamento previo de 10 € (socios) e 15 € (non
socios).
Pode facerse no Teléf. 678 91 00 82
Importante: durante a visita o custo da inscrición será
compensado cun pack GRATUITO de produtos de Mar de Ardora.
PRAZAS LIMITADAS. Incrición por orde de solicitude e pago
confirmado
Programa:
1.
Desplazamento
á nave Conservas Mar de Ardora, no polígono de Cuiña (Ortigueira)
2.
Charla
informativa audiovisual a
cargo dos titulares da empresa
3.
Recorrido
guiado polas
instalacións, coñecendo o procesado das algas
4.
Experiencia
gastronómica: Degustación
guiada de varios tipos diferentes de algas
5.
Adquisición dos diferentes preparados de Mar de
Ardora (voluntaria)
luns, 13 de febreiro de 2017
Presentación en Viveiro de O SEGREDO DA RUNA, de Luli Dopico
.
O pasado sábado, 11 de febreiro, foi presentado o libro “O segredo da Runa” na localidade lucense de Viveiro, na sala
Multiusos, organizado pola asociación Pequenos
Pasos de Landrove.
A autora, Obdulia Dopico Cachán “Luli”, estivo
acompañada no acto por Juan Neira, director do Heraldo de Viveiro, e polo noso
crego Francisco Javier Martínez (que representaba á asociación editora “Terras
do Ortegal”), e que comparte ca autora o feito de ter a Viveiro coma vila
natal.
Juan Neira, na súa intervención,
desenrolou, ó través das anécdotas, a relación histórica entre Viveiro e
Ortigueira, ou o que ven sendo o mesmo, entre Fufaros e Vilanchos. Relación de
amor e odio entre dúas vilas condenadas a entenderse, por riba de todo no mundo
da música e da imprenta. Iste foi tamén o tema escollido por Javier, aínda que
este incidiu na forma de ser dos ortigueireses facendo uso da súa relación cas
feligresas.
As palabras dos intervintes foron
de tal xeito amenas, extensas e completas que, coma a mesma autora dixo, pouco
lle deixaron a ela, verdadeira protagonista da velada, mais non dubidou en
falar dalgún personaxe da novela, coma é o caso de “riveiriña”, e en lles
agradecer as súas intervencións, do mesmo xeito que fixo ca xente que acudiu ó
acto.
martes, 7 de febreiro de 2017
Sumarios das revistas publicadas
.
Para facilitar o coñecemento dos contidos dos 3 números de TERRAS DO ORTEGAL publicados, anexamos os seus sumarios

Para facilitar o coñecemento dos contidos dos 3 números de TERRAS DO ORTEGAL publicados, anexamos os seus sumarios
|
Sumario do número 3 (2016)
|
|
|
1. Presentación da
revista e Informe de actividades da asociación
Directiva
|
|
|
2. Unha parroquia
do Ortegal: Couzadoiro
José Manuel
Sierra Pazos
|
|
|
3. Os buques
cargueiros do porto do Barqueiro
Hixinio Puentes
|
|
|
4. Ortigueira en
1966. Aquela Ortigueira naquel mundo en cambio
Xaquín de Roca
|
|
|
5. Detrás do
mostrador: David Fojo Salgueiro
Manuel López
Foxo
|
|
|
6. Autores en 100
años de La Voz de Ortigueira
Redacción TERRAS
|
|
|
7. Arquivo
Histórico Municipal, a memoria de Ortigueira
María
José Vilasánchez Fuciños
|
|
|
8. Proceso de restauración
no Museo Massó dun exvoto de Santo André de Teixido
Fátima
Sánchez Varela
|
|
|
9. Percorrido pola
toponimia de Cerdido
Xosé
Luis González
|
|
|
10. Fuxindo das
noces valeiras: iniciativas de rescate da memoria colectiva de Mañón
X.
Lois Real Baltar
|
|
|
11.
Estudio de las pinturas murales de Santa María de Mañón (A Coruña)
Clotilde
Lemoine e outros
|
|
|
12. Ubicando megalitos
en la comarca del Ortegal
Zulema
Picazo Mendieta
|
|
|
Tema central: A Idade Media no Ortegal
|
|
|
13.
A xénese da vila de Santa Marta de Ortigueira e outros asuntos.
Carlos Breixo
Rodríguez
|
|
|
14. Apuntes de
arqueología mediueval en la comarca de Ortegal
David Fernández
Abella
|
|
|
15. Achegamento á
desaparecida parroquia de San Xoán de Mosteiro (Ortigueira). Orixe e construcción dos restos que se
conservan
Francisco
Javier Martínez Prieto
|
|
|
16.
Novidades. Libros e revistas
|
|
|
17. Páxina de autores
|
Sumario do número 2 (2015)
1. Presentación
2. Retrato artístico-literario de
Laureano Álvarez
Siro López
3. El linaje Fajardo llevó los símbolos de
Ortigueira hasta el Sureste
peninsular
Diego Cerdán Galera
4. A Devesana, unha escola laica
Narciso Luaces Pardo
5. Historia do Camposanto de Santa Marta
Manel Bouzamayor
6. De camiño pola fronteira. Setenta e cinco
anos do deslinde municipal da Serra da Capelada
Carlos López-Keller
7. O Ortegal e os fondos europeos
Francisco Calvín
8. Secundino Rivera, o pintor do
Barqueiro
Hixinio Puentes Novo
9. Inventario da parroquia de Santa Marta
Francisco Javier Martínez Prieto
10. Ortigueira
Literaria Dixital: experiencia de 4 anos 2012-2015
Manel Bouzamayor
11. Proposta
de creación do Parque xeolóxico de Cabo Ortegal
Belén Pérez Pérez
Tema central: CARIÑO
12. Nacemento
do Concello de Cariño
José Luis Armada Castro
13. Sindicalismo e cultura obreira
no Cariño da II República
Eliseo Fernández
14. Toponimia
de Cariño
Xose Luís González
15. O
machado figurativo de bronce da praia da Basteira (Cariño): novos datos para unha revisión
Lois Armada
16. El territorio de Cariño en
época romana
Vanessa Trevin
17. Fermín
Zelada Varela: un cariñés farmacéutico, alcalde de Ferrol e accidental de Santiago
Xosé Mª Torres

|
Sumario do número 1 (2014)
|
|
1. Editorial.
Presentación da revista e dos artigos e autores.
|
|
2. Carta desde Washington: el poder para viajar a la Luna, en mi
bolsillo
Teresa Bouza
|
|
3. Ramón Armada Teixeiro, uno de los
grandes poetas y periodistas de la emigración
José Manuel Suárez Sandomingo
|
|
4. O cultivo do liño no Ortegal.
Narciso Luaces Pardo
|
|
5. O retorno de Lino Novás Calvo á súa
terra de orixe
Bernardo Penabade
|
|
6. A primeira lección
Lino Novás Calvo
|
|
7. Ortigueira en 1914
José Manuel Bouzamayor.
|
|
8. Las sociedade recreativas en Ortigueira en el siglo XIX
Ramón Barro
|
|
9.
Santa Marta en 1846. Peripecias da
cuadrilla de Poyán
Carlos López-Keller Álvarez.
|
|
10. Mapas antigos de Santa Marta de
Ortigueira y sus alrededores del Ortegal
Richard Smith
|
|
11. Denominaciones toponímicas en
torno al Cabo Ortegal
Álvaro Porto Dapena
|
|
12. Don Federico Maciñeira e don Julio
Dávila. Unha relación de amizade exemplar
X. Carlos Breixo Rodríguez
|
|
13. Bandeando, un proxecto nado en
Ortigueira e de calado internacional
Carlos Diéguez)
|
|
14. Banda deseñada.
O home que liberou a Fraga
Cristian Fojón Caruncho.
|
|
15. Actualidade. Galioart
|
|
16. Reseña dos autores
|
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






