domingo, 12 de xullo de 2020

Vinte e cinco anos despois, David Fojo na memoria






Destacaba a vocación polo xornalismo por riba das súas outras actividades. Estaba orgulloso do seu xornal e do que significaba para unha gran comarca afastada dos grandes centros, comentábame hai uns días Ramón Barro Bello, prestixioso e distinguido xornalista, fillo desta nobre terra.

«David Fojo, exmilitar, director e propietario de La Voz de Ortigueira, encarnaba un xornalismo sagaz, de fino olfato, rico en matices. Desde o seu observatorio controlaba todos os movementos dos muñidores da política e, aínda que non disimulaba as súas conviccións no terreo ideolóxico, non deixaba por iso de aplicar o seu ollo crítico, actitude propia de calquera profesional que se prece. Desde logo, non comulgaba con rodas de muíño, o que lle permitía manter activa a súa capacidade de obxectivar o acontecer cotián e, por encima de todo, tutelaba sempre o bo nome da súa amada e señorial vila».
Este texto entre comiñas obra na Historia do Club de Prensa editada no ano 2014.
David Fojo foi admirado e homenaxeado en vida, mesmo por aqueles que non coincidían cos seus postulados políticos, diferenzas que os seus adversarios adoitaban salvar porque intuían ou sabían que o director da Berza non facía exercicio de militancia cega e con relativa frecuencia adoitaba chamar ao pan, pan e ao viño, viño. 


Sen saír do contexto xornalístico no que viviu e morreu, hei de engadir que foi un entusiasta socio do Club de Prensa de Ferrol. En todo momento foi activo participante en diversas iniciativas promovidas pola entidade. Quen tivemos o privilexio de gozar da súa amizade gardamos del un entrañable recordo como home culto, gran conversador e dunha salientable talla humana.

Da relevancia do recordado Fojo Salgueiro daban fe os xornais galegos con motivo do seu pasamento ocorrido o 2 de maio de 1995. El Ideal Gallego destacaba o suceso a catro columnas, cunha foto na que aparecía o falecido entre as máquinas da súa imprenta. Nos titulares sinalaba que estaba considerado como un mecenas da cultura na súa localidade e que era un coñecido e respectado home de negocios, exmilitar

«que abandonou a súa profesión para dedicarse á La Voz de Ortigueira, unha modesta publicación semanal de 4.000 exemplares, lida por todos os veciños e emigrantes orteganos en distintos países».
El Correo Gallego daba a lutuosa nova a tres columnas cunha foto tamaño carné. Salientaba en titulares que insignes escritores galegos colaboraban no semanario que dirixía. Achegaba algúns datos curriculares como que cursara primeiro e segundo de Dereito en Santiago e estudos na Academia Militar de Infantería. Nun artigo de opinión, o xornalista ferrolán Miguel Lamigueiro afirmaba que «Santa Marta se quedou sen voz».
La Voz de Galicia titulaba a morte de Fojo Salgueiro a dúas columnas: «Conmoción en Ortigueira pola morte do veterano xornalista David Fojo Salgueiro». No texto lembraba que o falecido chamaba ao seu xornal o irmán parvo porque non resultaba un negocio rendible pero seguíao editando porque esta actividade lle apaixonaba. Ao seu ver era un recanto da historia da comunicación galega.
Hoxe, 25 anos despois do seu óbito, a figura de David Fojo Salgueiro segue na nosa memoria e La Voz de Ortigueira («Istes periodiquiños, case recunchos ou currunchos, teñen o embeleso da modestia, da historia», dixit Álvaro Paradela) continúa a súa andaina grazas ao empeño herdado da súa filla Mari Carmen Fojo.

Germán Castro
xornalista, primeiro director de Diario de Ferrol
e presidente de honra do Club de Prensa de Ferrol.




(texto remitido polo autor, e publicado previamente no semanario La Voz de Ortigueira)


.

xoves, 25 de xuño de 2020

Unha lembranza de Pepe el ferreiro, fundador do museo etnográfico de Grandas de Salime

Con boina e termando dun xugo, Pepe El Ferreiro,
nas Pontes (2013), con Narciso Luaces,
Xosé Mª López Ferro, do museo das Pontes,
e Felipe Senén, entre outros.





BREVE LEMBRANZA SOBRE JOSÉ MARÍA NAVEIRAS ESCANLAR (1942-2020), PEPE EL FERREIRO OU COMO A CULTURA ANCESTRAL DUN POBO PODE SERVIR DE RECURSO ENDÓXENO PARA XERAR RIQUEZA E FREAR O DESPOBOAMENTO. 

Quen isto escribe lembra que por 1984 era estudante de quinto curso de Xeografia e Planificación do Territorio da universidade de Oviedo. Na asignatura de Xeomorfoloxía realizábamos prácticas na costa occidental asturiana e oriental galega estudando o batolitode Boal e a rasa costeira que chega ata San Cibrao. Ó terceiro día, cunha nevada de medo, e dada a proximidade de Grandas de Salime, o catedrático Francisco Quirós Linares, que no Olimpo estea, decidiu achegarnos a esta vila para coñecer o recentemente inaugurado Museo etnográfico de Pepe El Ferreiro.

Entrada ao museo etnográfico de Grandas
Chegamos encantados polo que significaba de lecer diante dunha tarefa dura, pero delo lembro o intre no que se encontran Pepe e Quirós, apoteósico; unha aperta descomunal, das que rachan costas e a comprobación de que a ciencia e as inquietudes e amor pola terra poden ir da man. O cátedrofalounos do que significaba aquela institución; nada máis nin menos que da relación simbiótica do home co terruño, o respecto do primeiro polo segundo e dádivas que este nos doaba. O museo estaba daquela nos baixos do edifico municipal e constaba de moitas pezas artesanais, comezaba a andar, pero diante da miña sorpresa, e coido que da de todos, Pepe colleu unha gubia, enroscóuna sobre unhas poleas de coiro que se accionaban por un pedal, a modo de tupí moderna, un anaco de madeira de buxo, e en cinco minutos, movendo o pé dereito e as mans; fíxonos un prato de comer o caldo, pasados outros dez; unha cunca para beber viño, e tivemos que paralo porque de seguir faría unha vaixela.
Unha das salas do museo




Un labor de anos
Logo explicounos que levaba anos recollendo material resultante dos modos de vivencia que practicaban os veciños, facéndoos partícipes directos daquel experimento. E subliñou que chorar estaba ben para desafogar, pero que non daba de comer. Quería que o museo fora un polo de atracción de xentes que quixesen saber da forma de vida dunha zona montañosa nada amable, pero que tamén comprendésemos que esta podía darnos recursos que explotar para non ter que abandonala. Iso é o que lembro.
Aquel mesmo ano, o meu curso dividiuse en equipos que catalogaron os recursos materiais e inmateriais de Asturias a encargo do goberno do Principado; logo viría o Plan Oscos-Eo e a conversión de Taramundi e a súa bisbara nun dos máis afamados centros de turismo rural de España, con relevancia mundial (moitos dos meus alumnos estranxeiros da extensión universitaria da Uned pídenme información sobre a cuestión), logo o II Plan, etc.

Lembranza de Pepe El Ferreiro
Agora, recentemente falecido este pioneiro, vaian as miñas lembranzas para el, e para a súa obra. En definitiva, lembro a Pepe e a Quirós como adiantados, precursores, pero sobre todo, coido que lles debo a idea de que todo o que temos, sexa mar ou terra, aquelo que nos identifica, ten valor; que as pedras das casas, das cortes, dos muíños, os peiraos, as embarcacións varadas, os restos das salgadeiras ou conserveiras, por exemplo, non deben durmir. Quizais, debéramos ser máis conscientes de que o seu valor de uso no so tivo sentido no pasado, tamén o ten hoxe. 

O museo de Meixido
Sirva tamén esta ocasión para desexar un futuro digno para o museo etnográfico que Narciso Nuaces e a súa muller Herminia Covelo (†), puxeron en marcha no lugar de Meixido, onde vivían, na parroquia ortigueiresa de San Paio dos Freires. Oxalá as administración públiucas poidan asegurar o seu futuro e que non se estrague unha obra de moitos anos. E que a veciñanza e os interesados da zona no mundo da cultura e o patrimonio saiban -e Terras do Ortegl-respostar ao desafío que este proxecto representa.

------------------

Texto: Chema Leal

sábado, 6 de xuño de 2020

O escritor Hixinio Puentes Novo


HIXINIO PUENTES NOVO: ESCRITOR
Ler os libros dunha persoa coñecida sempre resulta unha ledicia.

Libro: O bandido Casanova
Toribio é o bandoleiro galego de máis fama do século XX; Mamed Casanova inspirou a moitos escritores, entre eles a Hixinio Puentes, que nace no Barqueiro (1952), e que con esta obra acadou o Premio Literario Pastor Díaz (Viveiro) no ano 1999.
A obra de Hixinio é moi prolífica tanto en ensaio como en narrativa; gran coñecedor do mundo do mar e dos barcos, no ano 1999 tamén recibe o accésit do Premio de Xornalismo David Fojo cunha serie de artigos publicados en La Voz de Ortigueira.
Libros publicados por Hixinio:
Ficción
  • O bandido Casanova. Ed.Xerais, 2000.
  • Aguillóns de Ortegal. Ed. Xerais, 2005.
   Novela que dá conta, en forma de relato autobiográfico, da vida do mariñeiro Fonseca.
  • Monbars, o Exterminador. Ed. Xerais, 2006.
É unha novela ambientada no século XVII que ten como protagonista o pirata francés do mesmo nome. Por este libro recibe o Premio Eixo Atlántico de Narrativa Galega e Portuguesa 2006.
  • A do vinte e un. Ed. Sotelo Blanco, 2010.
     Esta novela foi Premio Vicente Risco de Creación Literaria no 2009.

  •      Winnipeg. Ed. Xerais, 2013.
     Novela na que recrea a historia do cariñés Manuel Pita Armada.
Ensaio:
  •  Os naufraxios da Galicia norte. I e II. Edicións Lea, Santiago, 2003, 2005.

  • A galerna de 1961. Edicións Lea, 2006.
  • Matrícula de Bilbao. Investigación sobre grandes buques bilbaínos
    -------------------------
Texto: Luli Dopico


martes, 2 de xuño de 2020

Próxima saída do nº 7 da revista Terras do Ortegal, cun dossier adicado a Cerdido





Ola! Desde a Directiva de Terras do Ortegal queremos informar sobre como a epidemia de COVID-19 está afectando ás actividades da nosa asociación.

Desde xa antes do Estado de Alarma (declarado a mediados de marzo), e cun ánimo de prevención, decidimos suspender as charlas previstas para abril, maio e xuño, dentro das 3ª Xornadas de Terras do Ortegal, adicadas este ano á Natureza do Ortegal.
Pero despois, a medida que se agravaba a situación decidimos suspender todas as actividades presenciais.

Pasada a época de maior incidencia da epidemia, a Directiva reuniuse o pasado luns, 1 de xuño, e decidiu o seguinte:

  1. Continuar coa suspensión de actividades presenciais ata (como mínimo) o 31 de xullo
  2. Preparar algunha charla por videoconferencia, en concreto a concertada co profesor Bernardo Penabade sobre Ricardo Carballo Calero, ao que se lle dedicaba o Día das Letras Galegas 2020
  3. Programar a publicación do Nº 7 da revista Terras do Ortegal para mediados de xullo,

Revista Nº 7. Ano 2020

A revista, como sabedes, soe aparecer no verán, pero o encargo e preparación dos artigos faise ao longo do ano, con moita antelación, co que esta situación de alerta sanitaria apenas interrompeu a edición do número deste ano, do cal temos a previsión de que saia a mediados do mes de xullo.
Tras o número 6, do ano pasado 2019, adicado ao concello de Cedeira, este ano decidimos que o dossier fose dedicado ao concello de Cerdido, un dos dos concellos do Ortegal menos poboados, pero non por iso con menor Historia e interese cultural.

Como todos os anos, procuramos que a panoplia de autores da revista vaia variando, e alén de autores xa coñecidos para os nosos leitores, hai outros que colaboran na revista por primeira vez. Sen adiantar nin descubrir ningún secreto, dos 17 artigos que conforman este número, 10 están a cargo de investigadores que colaboran en TdO por primeira vez, mentras que os restantes artigos son obra de persoas que teñen colaborado en números anteriores.

O proceso de edición conleva varios pasos: entrega dos orixinais, revisión lingüística, maquetación, revisión das probas polos autores e finalmente impresión, que como xa adiantamos, agardamos que conclúa a mediados do próximo mes de xullo, para que a revista estea nas librarías da comarca a disposición de quen a queira adquirir; pola súa parte as persoas asociadas a Terras do Ortetal recibirán gratuitanente a revista, coa máxima celeridade posible.

---------









mércores, 20 de maio de 2020

Epidemias no Ortegal (I). O brote de cólera de 1854 en Cariño.



A actual crise do coronavirus, da pandemia polo coronavirus, que tanto está afectando a España, lévanos a lembrar outras epidemias xa pasadas. Antiguamente era habitual referirse ás enfermidades epidémicas como plagas ou pestes: as plagas de Exipto, as pestes medievais, etc., pero hoxe son denominacións pouco usadas pola carga negativa, estigmatizante, que comportan.
Para ter claros os conceptos, podemos definir epidemia como o incremento do número de casos habitual dunha enfermidade nunha zona, ben sexa un país ou unha rexión; este termo, epidemia, normalmente está reservado para referirnos ás enfermidades infecciosas ou contaxiosas, como a gripe, a tuberculose, a sida, etc. Cando a epidemia afecta a todo o planeta, falamos de pandemia.
Restrinxindo o periodo histórico aos últimos 170 anos, imos empezar nesta primera entrega polo ocorrido no ano 1854.
Epidemia de cólera de 1854 en Cariño
O cólera é unha enfermidade infecciosa producida por unha bacteria denominada Vibrio cholerae. É unha enfermidade que cursa con fortes diarreas e vómitos incoercibles, que se non se trata conduce á morte do paciente en poucas horas. A transmisión é a traveso da auga e de obxectos cercanos ao paciente contaminados coas súas feces, nas que está a bacteria.

Durante os séculos XVIII e XIX foron varios os episodios de cólera que se deron en España, en especial polo retorno de soldados que chegaban de Cuba ou Filipinas. Pero houbo sobre todo 4 brotes importantes, como relata Anxo M. Rosende no artigo «A epidemia de cólera no porto de Cariño en 1854», publicado no nº 5 (2018) da revista Terras do Ortegal, ao que nos remitimos e invitamos a consultar para máis detalle.
    Nº 5 da revista Terras do Ortegal
    que contén o artigo de Rosende 
    No ano 1852 prodúcese unha pandemia mundial de cólera, con orixe na India, e que chega desde Asia ata Inglaterra, e daí a outros países europeos, entre eles España. En Galicia entra a finais de 1853 nun barco de guerra que chegou a Vigo, a pesares da cuarentena obrigada na illa de San Simón. A primeiros do novembro de 1854 chega a Cariño, e as autoridades decretan enseguida o illamento do porto.
    Débese lembrar que naquela época non se coñecían as bacterias nin os virus, e pensábase que as enfermidades contaxiosas se transmitían polo aire a traveso dunhas misteriosas miasmas, uns corpúsculos non definidos, e tampouco existían tratamentos eficaces. A Microbioloxía nace no último terzo do século XIX (con forte resistencia dalgúns científicos) grazas aos traballos do francés Louis Pasteur, e ao alemán Robert Koch, que descubriría o bacilo do cólera en 1884.
Naquel momento Cariño non era parroquia independente, pois pertencía á de Santa María da Pedra, da que se separaría en 1895 por decreto do bispado de Mondoñedo. Os seus recursos sanitarios eran moi escasos; non había médico nin tampouco farmacia. A organización da atención sanitaria estaba a cargo dunha Xunta Auxiliadora -presidida polo alcalde pedáneo- da Xunta Municipal de Sanidade, que atendía ás numerosas familias acollidas á Beneficencia municipal.

Os cirurxiáns
    Imaxe dun cirurxián do século XVIII
    practicando un sangrado e
    limpeza dunha ferida
En Ortigueira o subdelegado de Medicina era Juan Armada, único profesor (licenciado) de Medicina. O profesional sanitario máis cercano ao porto era Vicente Carballés, cirurxián residente na parroquia de San Adrián de Veiga. Os  cirurxiáns eran uns profesionais sanitarios 
que poderíamos hoxe situar entre os enfermeiros e os médicos: podían tratar feridas, aplicar enemas, facer sangrados, correxir traumatismos, drenar forúnculos e en xeral tratar enfermidades que afectaban ao exterior do corpo, pero non ás do interior (hoxe os cirurxiáns están xunguidos cos médicos, que se titulan graduados en Medicina e Cirurxía, un atavismo doutros tempos). Tampouco había farmacia en cariño (a primeira farmacia sería instalada no Porto en 1931 polo vallisoletano José Marín na praza da Pulida), o que dificultaba a atención sanitaria, pois as medicinas debían prepararse e enviarse desde a botica que Andrés Pita (nacido Andrés Rodríguez Díaz) tiña na Vila, na rúa Ancha -o actual Cantón-, e que exerceu cando menos entre 1837 e 1862).


Encomendado polo concello de Ortigueira, Carballés chega a Cariño 13 días despois do comezo da epidemia, cando xa morreran 12 persoas. Carballés ía de casa en casa, acompañado de 2 axudantes: un membro da Comisión Auxiliadora, Francisco Armada que o guiaba pola rúas do Porto, e un mozo que portaba o maletín.


O impacto da epidemia

A epidemia dura 46 días, desde primeiros de novembro ata mediados de decembro. Cada día morrían 3-4 persoas, e nalgunha casa morreron todos os habitantes, e quedaron moitos nenos orfos.
Rosende estima no artigo referido que máis de 250 persoas resultaron contaxiadas, delas unhas 100 falecidas, sobre todo mulleres, que chegraon ao 60% dos óbitos. Os datos son parciais e incluso contradictorios (como sucede tamén hoxe en 2020 coas cifras da infección por coronavirus) como revela Carballés nos informes que fai ao Concello, e nos que trata de preservar a súa actuación profesional.
Cariño tiña daquela pouco máis de 700 habitantes, polo que os afectados foron unha terceira parte, e morrería un 14%, algo superior ao de outras localidades galegas que sofriron a pandemia. Afortunadamente a epidemia non se estendeu pola bisbarra: houbo 2 casos no porto do Barqueiro, pero ningún máis. En España causou unhas 235.000 mortes.
O medo era libre. De feito, un mensaxeiro de Carballés que levaba informes da epidemia e peticións a Ortigueira non puido chegar, pois o barqueiro de Sismundi non quixo transportalo.
Medidas contra a enfermidade
Rosende apunta que a Xunta Municipal de Sanidade dictou varias medidas preventivas, que non difiren moito das que temos vistos estes días coa epidemia de COVID-19, coa salvedade de que os tratamentos farmacéuticos actuais son moito máis específicos e eficaces:
  • Hixiene: Limpeza de casas e rúas, airear os edificios e evitar comer alimentos insalubres
  • Medidas anticontaxio: peche das fábricas e cordóns sanitarios (había vixiantes en San Claudio e tal vez noutros lugares)
  • Tratamentos medicinais: a cargo do cirurxián Carballés, con medicinas preparadas polo boticario Pita de Ortigueira.
Ata aquí o relato dun episodio tráxico da historia da medicina no Ortegal.

---------
Texto: Xosé Mª Torres



venres, 15 de maio de 2020

Unha carta de don Ricardo Carvalho Calero


Tomada da web
 https://sites.google.com/site/carvalhocalero/





Aínda que sempre me chamou a atención, desde moi neno, a placa que hai na fachada da casa onde naceu Ramón Armada Teixeiro, hoxe propiedade da nosa boa amiga Teté Suárez, o certo é que o meu interese pola figura do poeta ortegano nace coa lectura da Historia da Literatura Galega Contemporánea de don Ricardo Carvalho Calero.

É aí onde descubro a importancia de Ramón Armada Teixeiro e é ese tamén o momento no que comezo a reivindicar a súa figura e a investigar a súa vida e a súa obra, sempre co entusiasmo e a imprescindíbel colaboración de don David Fojo Salgueiro. Ese meu traballo está moi ben recollido, semana tras semana, nas páxinas de La Voz de Ortigueira dos anos oitenta.


Precisamente un deses meus artigos decidín dedicarllo e enviarllo ao profesor Carvalho Calero, a figura a quen este ano a Real Academia Galega lle dedica o Día das Letras Galegas. A xeito de lembranza e homenaxe a quen foi o primeiro catedrático de Lingua Galega na Universidade de Santiago e unha das grandes personalidades da cultura galega do século XX, reproducimos aquí a carta coa que don Ricardo nos agradece o noso traballo, escrita cunha xenerosidade e unha beleza literaria que aínda hoxe nos resulta admirábel. Hai que pensar que eu era un rapaz de San Claudio que escribía en La Voz de Ortigueira e nalgúns outros periódicos e el era un dos máis brillantes intelectuais que deu a cultura galega.




Texto: Manuel López Foxo
Artigo publicado en:
- Semanario La Voz de Ortigueira o 15.05.2020
- Blog "a nación que soñamos", do autor: http://anacionquesonhamos.blogspot.com/2020/05/unha-carta-de-don-ricardo-carvalho.html?m=0





xoves, 7 de maio de 2020

Casa Giz, de Cuiña, 140 años de negocio familiar

María José, Manuel, Fina y Maruxa
(Foto: Luli)

CASA GIZ LLEVA ASENTADA EN CUÍÑA CIENTO CUARENTA AÑOS. 
MARÍA E INDALECIO LEVANTARON EL NEGOCIO FAMILIAR QUE ABRIERAN LOS ABUELOS, FRANCISCO GIZ Y ANTONIA SANJURJO


En la carretera general, poco antes de entrar en Ortigueira, viniendo de Ferrol, nos encontramos en Cuiña con un negocio familiar que lleva atendiendo al público más de ciento cuarenta años, desde cuando Indalecio entre viajes de ida y vuelta a Cuba donde ejercía de carnicero, se casó con María Antonia dejándola al frente de la taberna de ultramarinos, convertida hoy en tienda y estanco.
Entrada da tenda e estanco

Al frente de la misma está María José Franco, especializada en productos de calidad de las mejores marcas, trabajando con ahínco y manteniendo el estanco con su habitual clientela. 
Durante este tiempo de pandemia y confinamiento, siguieron atendiendo a sus clientes conforme al protocolo.

Su marido, Manuel Lagares y su tía Fina, gestionan el HOSTAL GIZ, otra rama del negocio familiar, de ocho habitaciones dobles, que tiene su auge en verano, duplicando la clientela.
Á esquerda, o restaurante Casa Giz


Recuerda Fina los buenos tiempos, cuando el esplendor de Pizarras Campo, en que no daban hecho en el Restaurante que en la actualidad regenta su hijo Javier. Hasta casi cien comidas daban algunos días.
Vista general del Hostal Giz
Entre la nostalgia sale en la conversación la llegada del primer televisor que les había vendido Escudero, cuando se llenaba de gente la taberna para ver los toros, los partidos de fútbol y los concursos.
Maruxa, la “más joven del clan”, entra en escena, contando que Casa Giz era una referencia en la Comarca, sobre todo cuando se celebraba el baile de San Marcos en el salón y se hacían fuentes de bistés empanados y tortillas para meter en bocadillos y recuperar fuerzas de tanto bailongo.
Fina, evoca en sus recuerdos como cenaba toda la familia durante las noches de verano debajo del emparrado, como trabajaron sus padres, que tuvieron seis hijos, saliendo de la nada, sirviendo chiquitos a los hombres que echaban la partida en el comedor y vendiendo al fiado las cosas de comer, anotando en una libreta que la gente pagaba religiosamente cuando vendían un ternero o pinos del monte.

------------------------

Texto: Luli Dopico.