martes, 6 de marzo de 2018

Presentación do libro "Elas”, da profesora Aurora Marco sobre mulleres galegas pioneiras.

Intervención de Aurora Marco
(Foto XMª Torres)


Este ano, a data do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, está dando bastante que falar, entre outras cousas pola convocatoria dunha folga feminista en toda España. En Ortigueira, e centrándonos no ámbito que lle é propio a TERRAS DO ORTEGAL, que é o da Cultura e o Patrimonio, tivo lugar este martes, 6 de marzo, un acto destacado, coa presenza da profesora e escritora Aurora Marco para impartir a charla "Romperon barreiras e ocuparon espazos. ELAS”, e ao tempo presentar o libro, de título homómino, ELAS, que presenta a biografía de 38 mulleres que foron pioneiras en Galicia no seu ámbito. O acto complementouse coa inauguración ao final da charla, no claustro alto do concello, dunha Exposición de 8 pintoras galegas.
Aurora Marco. Fonte: AELG

Este completo evento foi levada a cabo polo Centro de Información da Muller (CIM), de Ortigueira, que está coordinado por Ana Dopico, a quen felicitamos por esta nova iniciativa de interese. O acto en sí foi presentado pola tenente de alcalde, Vanesa Trevín, e a asistencia do editor,  Xosé Manuel Calviño.
En canto ao libro, ópera prima da editorial A Xanela, cómpre dicir que presenta dúas características; por un lado, é unha verdadeira xoia bibliográfica; trátase dunha edición premium, numerada e limitada a 150 exemplares, e que conta con serigrafías de varias pintoras. Por outro, o elevado prezo da obra evitará a sua difusión xeral. Confiamos, en todo caso, que na Biblioteca Municipal existirá un exemplar para consulta e disfrute dos lectores. A autora puyo diversos templos de mulleres pioneiros, como Exeria, a monxa que no século IV peregrinou soa a Palestina, ata Lola de Penelas, unha oleira de Gundivós, porque a profesora marco pretende amasar non só ás grandes persoas -unha almirante do século XVI ou unha erudita- senon a mulleres sinxelas, "anónimas" dixo expresamente, unha mirada pouco habitual no mundo da Historia. A selección feita de biografías é só unha mostra das case 400 mulleres estudadas pola autora ao longo de máis de 30 anos de investigación. 

Está escrito todo? Pois non, como ela mesmo recoñeceu, hai pouco se publicou unha breve biografía da primeira muller matriculada  -en 1896- na universidade de Santiago, e primeira licenciada en Farmacia, en 1900, de Galicia: Manuela Barreiro Pico, natural de Viveiro e con farmacia aberta en Ribadeo durante varias décadas. Segue sendo necesario seguir investigando!

A autora, Aurora Marco é catedrática de Didáctica de Lingua e Literatura Galega na USC, e ten xa un longo percorrido investigador no que a loita feminista e a posta en valor do traballo das mulleres é unha constante, con numerosos libros publicados que son hoxe material de consulta obrigado.

É unha honra contar en Ortigueira coa presenza desta investigadora, e moi oportuna a decisión de usar o Salón de Plenos, a antigua sala capitular do que foi convento de Dominicos, para esta presentación, que por certo tuvo unha asistencia destacada, cunha cincuentena de asistentes, mulleres sobre todo. Non se trata da primeira vez que se usa este espazo noble para a presentación dun libro, pero sen dúbida é un marco axeitado para destacar a importancia do obxectivo que se pretende, que é poñer en valor o traballo das mulleres e acabar coa desigualdade. Fermoso obxectivo!


sábado, 24 de febreiro de 2018

O Fuciño do Porco, un exemplo da toponimia do Vicedo

Foto: Teresa Pérez (La Voz de Galicia)



Cunha imaxe do Fuciño do Porco, fermoso lugar costeiro do Vicedo ubicado xa na ría de Viveiro comezou na tarde deste sábado no Vicedo unha interesante charla sobre Toponimia. A Toponimia non é ningún termo médico similar á anemia, senon a ciencia que estuda a orixe e significado dos nomes de lugar. 
Con esta pequena nota de humor comezou a charla que sobre a toponimia do Vicedo tivo lugar esta tarde na casa da cultura desa vila Xosé Luis González, colaborador da revista TERRAS DO ORTEGAL, que por certo, ofrecerá no número 5 da revista, que sairá dentro de poucos meses, unha nova mostra desta interesante temática.
A charla foi organizada pola asociación NORDÉS, que continúa o seu interesante traballo de posta en valor dos recursos da comarca atravesada pola serra Faladoira.
Xosé Luis González, natural das Negradas, é enxeñeiro de Telecomunicacións e traballa en Madrid -con viaxes frecuentes por motivos profisionais polo Centro e Leste de Europa- pese ao cal visita con moita frecuencia a sua terra natal, implicándose en iniciativas como a de Nordés. Interesado desde hai anos na toponimia, foi pouco a pouco formándose neste difícil -e ás veces traicioneiro- campo  da toponimia e da etimoloxía.
Ademáis de aclarar que en realidade o Fuciño do Porco -que está a rivalizar en popularidade co noso Banco de Loiba-  se chama en realidade Punta Socastro (isto é "debaixo" ou "ao pe do castro"), deu antes de entrar en detalle sobre o significado dos topónimos da zona, varios datos de interese:
Xosé González (esquerda) e José Antonio Quelle,
membro de Nordés, á dereita
  • Máis do 40% dos topónimos españoles están en Galicia; incluso antes, a proporción ainda era maior. Esta abundancia está ligada, como non, a que a meirande parte dos núcleos de poboación españoles están na nosa terra.
  • Máis do 70% dos apelidos en España proceden de nomes de lugar, que son, ademáis, os más antigos.
  • Os nomes dos ríos en Galicia teñen unha orixe anterior á romana, isto é, que se conservan con pequenos cambios os nomes que lle daban os nosos antergos. Isto significa que hai unha continuidade na xente que vivía aqui hai xa 4.000 anos.
  • A toponimia, máis alá dun coñecemento especializado no ámbito lingüístico serve para coñecer a historia da zona. Por exemplo, a existencia de varios nomes coas denominación de "viñas” ou "lagar” indican que nalgún momento na zona se cultivaba a vide e se producía viño. Iso é algo que sabemos por outras fontes escritas, que nos indican que aínda que hoxe non se cultive a uva, sí se cultivou ata mediados do século XIX, en que a peste do oidium, a partir de 1850 acabou coa produción vinícola nesta zona de Galicia, que nunca se recuperou.
  • Xa na charla en si foi debullando ante un numeroso público que case enchía o auditorio o significado de nomes da zona: Segade, Negradas, As Alpuxarras, A Ínsua, Maladas, Noche, Os Navallos, O Rego dos Bois (que non se refire a ningún animal), Riobarba, Suegos, A Telleira, Vilasuso... e dando conta ao final dos apelidos con orixe na zona nunha charla animada e con moitas preguntas dos asistentes.
Felicitamos unha vez máis ao colectivo Nordés e ao relator e remitimos ás persoas interesadas a consultar en internet varios blogs que o autor ten de acceso libre coa explicación do significado dos nomes de centos de lugares da comarca:








luns, 12 de febreiro de 2018

EXPOSICIÓN DE PINTURA DE DIEGO PÉREZ DOPICO E SERGEY SOZONOV NO CONCELLO

PÓDESE VISITAR DURANTE TODO O MES DE FEBREIRO
.
Sergei Sozonov e Diego Dopico



Acabo de visitar a exposición que Diego Pérez Dopico e Sergey Sozonov colgan no primeiro andar do concello de Ortigueira. Coñezo a obra de ambos por tela visto nalgunhas mostras colectivas nas que compartían paredes con outros artistas, e subindo as escaleiras, pensei que, os dous sós, enfrontados, por así dicilo, poderían producir un choque visual no que un deles, según o gusto do espectador, sairía mal parado.
Pensamento erróneo. Ao entrar na sala un sorpréndese de que, malia ser temáticas e técnicas completamente distintas, que chegan por un lado á abstracción e acércanse polo outro ao hiperrealismo, como despois comprobará o visitante, hai unha especie de harmonía cromática no ambiente que, ata que se visualizan os cadros de xeito individual, fai que o espectador non se decate tan axiña como sería de esperar, é dicir, instantaneamente, onde remata a obra de un e comeza a do outro. 
A chica do Pazo (Sozonov)
A chica do Pazo (Sozonoz)

Empezarei polo final. Porque alí, ao fondo da galería, están colgados catro nus de Sergey, que conforman a serie “La chica del Pazo”, que, sen dúbida, están entre os mellores que vin en moito tempo. Estou seguro de que a súa ubicación non ten outro obxectivo que o de dotar ao conxunto desa harmonía da que falaba antes, e non ten nada que ver co que o escritor Javier Marías chamaba acertadamente, na miña opinión, “as sete pragas do politicamente correcto importadas dos Estados Unidos”, ou co actual tsunami de puritanismo impulsado pola mesma xente que tenta volvernos ao século XIX ou anteriores, se cadra, e que, sorprendentemente, empeza a ter consecuencias, espero que puntuais e anecdóticas, no ámbito artístico.
Retrato de vello (Sozonoz)
Véxase o caso de Balthus no Museo Metropolitano de Nova York ou o máis recente da Galería de Arte de Manchester, no que o afectado foi J. W. Waterhouse e o seu “Hylas e as ninfas”, de 1896, tema este último do que Miguel Anxo Murado fíxose eco nun espléndido e irónico artigo publicado na Voz de Galicia. 

 Pero volvamos ao que nos ocupa. O nu, como é sabido, tivo sempre un lugar preeminente na aprendizaxe da pintura, porque o dominio da súa técnica implica ter coñecemento de todos e cada un dos elementos que se lle esixen a unha obra artística, como forma, proporción, liña, perspectiva, espazo, textura, luz, e, no seu caso, cor. 
Contaba o artista italiano Oliverio Berni que, cando empezaba, quixo que o pintor Mario Radice, que practicaba a abstracción xeométrica, lle ensinase a súa técnica. Este contestoulle que só o faría cando lle levase un “nudo di donna meravigliosamente dipinto” (enténdese, non?) que o convencera de que tiña base técnica abondo para empezar. Tardou nove anos en conseguilo.
Non sei canto tardou Sergey en conseguir esos seus nus marabillosamente pintados, pero estou seguro de que o mestre Radice, se aínda vivira, que non, estaría encantado de admitilo no seu estudio, pero penso que Sergey deixou atrás, atrévome a dicir que afortunadamente para a maioría dos afeccionados á pintura, a abstracción xeométrica coa que nos sorprendeu, agradablemente, hai que dicilo tamén, coa súa primeira exposición no Novo Club hai algún tempo.



Señor e señora Vázquez (Dopico)
Algunhas das pinturas que mostra Sergey nesta exposición xa llas vin noutras ocasions, 
pero un acércase a elas non pensando que “isto xa o vin” e pasa, senón que aproveita para recrearse outra vez na súa execución, no seu cor, na súa luz....; na atmosfera que envolve ás figuras. Un non se cansa de ver, por exemplo, a súa lectora ou os seus retratos de vellos. Nestes últimos, malia súa aparencia hiperrealista, con cada unha das engurras dos curtidos rostros perfectamente refrexada no lenzo, un descubre unha pincelada solta e decidida que denota unha mestría que só os máis dotados conseguen no pouco tempo que, ao parecer, leva Sergey pintando. 
Sireno (Dopico)

Diego Pérez Dopico, que ás veces firma como J. Peak, non sei se atendendo á temática do cadro ou a unha cuestión cronolóxica, é unha sorpresa cada vez que expón. A variedade de técnicas que abarca é grande. Ven da pintura dixital, sistema no que o software do ordenador sustitúe aos tradicionais pinceis, espátulas, óleos ou acuarelas para crear unha obra, que, logo de rematada, se imprime. Ten utilizado fotografías propias, que, mediante un complexo procesado, transforma en algo totalmente alleo ao realismo inherente á fotografía. Outras veces pinta directamente na pantalla coas ferramentas que a informática lle ofrece, con resultados abstractos, expresionistas ou tan figurativos como nese momento lle cadre ao artista. 


Cadro (Dopico)
Algún día decidiu que un pintor “de verdade” tiña que mancharse e ulir a pintura e o augarrás, e pasouse ao óleo. Non sei se a transición se lle fixo difícil, pero polo que agora podemos ver, non tivo moitos problemas e manexa pinceis e espátulas cunha soltura envexable. Nalgunhas das obras que expón, a textura é un elemento moi destacado, quizais nun intento de apartarse, sequera momentaneamente, da pulida superficie que proporciona a obra dixital impresa. Porque unha das virtudes de Diego é a súa constante busca, transitando polos máis variados camiños para conseguir plasmar de xeito que o satisfaga a obra que lle xurde na cabeza. 
Cadro (Dopico) 
Tampouco descarta ningunha temática, e atrévese co retrato e a figura, coa paisaxe ou a denuncia social, coa abstracción... Algún dos seus cadros son máis complexos do que a primeira vista pode parecer, e conteñen elementos que contan historias difíciles de descubrir se un non ten a sorte de que o propio artista llas explique. Pero así foi sempre a Arte e só os iniciados poden acceder á lectura total do significado dalgunhas obras. 

Agora está nunha nova fase de experimentación, e realiza os seus cadros máis recentes con pulverizadores de pintura, sprays para mellor entendernos, creando, nunha curiosa reviravolta artística, composicións abstractas xeométricas de singular beleza. 
Cadro (Dopico)

Así de sorprendentes son os camiños da Arte, que os dous artistas parecen recorrer en sentidos opostos. Agora expoñen xuntos nunha mostra absolutamente recomendable, na que conviven dous modos ben distintos de ver e facer a pintura, pero que, seguro, nalgún punto se entrecruzaron.


Texto: Álvaro F. Polo
Fotos: O. D. Cachán

luns, 5 de febreiro de 2018

Centenario da Sociedade “El Progreso” de Mera de Riba


Foto: David Rguez. Morado
Carlos Breixo, Cronista Oficial do noso Concello, disertou o pasado venres, día 2 de febreiro, arredor desta sociedade por mor do seu centenario (1917-2017).

Na mesma sede da sociedade (no seu comezo estivo na casa de Pedro Gómez, mais ós poucos pasou ó edificio no que hoxe aínda fica), en Mera de Riba, Breixo, como nos ten acostumados, e para ir facendo boca, refiriuse a tempos pasados onde xa se falaba dun mosteiro de "Mera de sursum", isto é "Mera de arriba" coma unha das primeiras referencias á parroquia onde se fundou a sociedade “El Progreso”, nome, por certo, que era moi común nas sociedades da época, como tamén acontecera cunha sociedade do Ermo ou outra en Sismundi.
Foto: David Rguez. Morado
Desta sociedade, contounos Breixo, podían formar parte tamén os veciños do Ermo, Santiago de Mera e Abarqueira. Quen traballou arreo para fundala foi o labrego Antonio González Rios, sendo unha das principais funcións mercar apeiros de labranza dos que podían facer uso os veciños que o pediran, aparellos que doutro xeito sería moi difícil de conseguir para eles, e por suposto pelexar polos dereitos dos labregos.

Breixo acompañou o seu faladoiro cunhas imaxes nas que poidemos comprobar diferentes documentos da época e que estaban asociados ó desenvolvemento do día a día da Sociedade, así coma os nomes dos primeiros compoñentes, dos cales, moitos dos presentes non dubidaron en recoñecer coma devanceiros dalgunhas familias da actualidade.



Foto: David Rguez. Morado
Unha historia xeral da Parroquia, na que houbo unha ferrería e na que a Ponte Noval viña sendo un dos puntos importantes e senlleiros do camiño real até a construcción da nova estrada, así como o que o Ferrocarril da Costa representou para ela, foron as derradeiras palabras desta xuntanza, grazas á cal fomos quen de rechear un pouco máis as fochancas do percorrido pola nosa historia.

Texto: Manel Bouzamayor

(Publicado no dixital La Prensa Ortegana, de 6 febreiro 2018)







venres, 2 de febreiro de 2018

Presentación do libro sobre a o Centenario de La Voz de Ortigueira

Foto: Xosé Mª Torres




O pasado día 27 de xaneiro tivo lugar no Teatro de Beneficencia ortegano o acto de presentación do libro que recolle as actas do Curso que sobre prensa local e o semanario La Voz de Ortigueira organizou a Universidade de Santiago.
O curso tivera lugar en 2016 con motivo do Centenario de La Voz de Ortigueira e desenvolvérase en Lugo, Viveiro e Ortigueira (neste caso nos locais da desaparecida fundación Ortegalia).


Na mesa presidencial estaban presentes: Ernesto S. Pombo, xornalista de La Voz de Galicia, Maria del Carmen Fojo, directora do semanario, Valentín Glez. Formoso, alcalde das Pontes e presidente da deputación da Coruña,  Maribel González, ex-concelleira de Cultura, e Juan P. Muras, alcalde.
Foto: Xosé Mª Torres
A intervención de Maribel González centrouse no libro, que contén 16 relatorios presentados no curso, máis algunha adición externa ao mesmo. Pola sua parte o alcalde, valorou a riqueza de ter un semanario que desde hai 102 anos ven recollendo a memoria da vida local e comarcal.
Sen dúbida o obxetivo da convocatoria era a presentación do libro, pero del falaremos noutra ocasión; porque a partir de Ernesto S. Pombo as intervencións  centráronse máis ben no futuro da prensa local e no futuro do legado hemerográfico da imprenta Fojo. Pombo fixo por un lado un canto á prensa local, sinalando que medios internacionais moi importantes, estaban na actualidade facendo edición para barrios de cidades coma Nova York; pero tamén fixo unha cruda descrición das dificultades desta prensa, do escaso apoio das institucións que -máis alá das palabras de alento...que o vento se leva- se ven excluídos da axuda que representa a publicidade institucional. Unha supervivencia xustificada unicamente, neste tempo en que tantos xornais teñen desaparecido e tantos xornalistas perdido o seu traballo, no romanticismo dos seus editores, entre os que citou tamén aos que publican El Heraldo de Vivero e La comarca del Eo, de Ribadeo.

E aproveitando a presenza do presidente da deputación, "cantou claro" -permítaseme a expresión-, clamando pola conservación do legado da imprenta Fojo, tanto o hemerográfico como o da maquinaria do século XIX que aínda se conserva. Pombo, coa ironía á que nos ten acostumado nos seus artigos, calificouse de monaguillo da cerimonia, pero facendo tamén honra á claridade habitual dos seus argumentos, pediu sen rodeos ao concello e á deputación que promovan a preservación do legado da imprenta Fojo.

Mari Carmen Fojo, actual directora (e ata hai pouco editora) de La Voz de Ortigueira, coa voz quebrada pola emoción, deu as grazas a todos os presentes na mesa, aos participantes no curso, tanto relatores como alunos, ao público presente e a varias persoas que a teñen axudado a levar adiante un proxecto empresarial e editorial para o que non estaba preparada cando en 1995 faleceu o seu pai, David Fojo. Excusou a asistencia de Manuel López Foxo e de Lois Celeiro, e deu grazas a varias persoas, e entre elas, de maneira especial á avogada ortigueiresa Teté Suárez, presente na sala. Falou, como non, das dificultades de seguir editando un medio de comunicación en papel neste tempo da era de internet e da inmediatez das redes sociais.

Na intervención final, moi agardada, Valentín Glez Formoso, presidente da deputación da Coruña, recolleu o envite, e comprometeuse publicamente a tratar de que no ano e medio que queda agora mesmo de mandato na deputación se poida levar a cabo a posta en marcha dun museo ou centro que acolla a memoria da prensa local ortegana. E fixo un apunte que tal vez dea maior credibilidade ás súas palabras: invitou ao xornalista Ernesto S. Pombo, de quen se declarou seguidor, a que redactase o proxecto de creación dese centro.
Pola nosa parte, desde Terras do Ortegal facemos votos para que ese proxecto se faga realidade. O tempo dirá!.





luns, 29 de xaneiro de 2018

SUSO BARCIA PRESENTA O ANTIGO SAN ANDRÉS DE TEIXIDO



SUSO BARCIA PRESENTA O ANTIGO SAN ANDRÉS DE TEIXIDO
Curiosa maqueta de nove metros cuadrados realizada en madeira

Santo André sendo discípulo de San Xoán Bautista, figura entre os primeiros Apóstolos que elixir Xesús; predicou o evanxeo na actual Ucraína, morreu crucificado en Patrás e é moi venerado nas igrexas de Oriente. A súa reliquia foi traída a Teixido sobre o ano 1600 polos Cabaleiros da Orde de Malta. A esta orde pertenceu o Santuario desde o século XII ata o XIX.
San Andrés de Teixido é un dos lugares máis visitados de Galicia; situado na serra da Capelada, no municipio de Cedeira, recibe milleiros de peregrinos e tamén de familiares que acompañan as almas dos defuntos que en vida se ofreceron ao Santo e non puideron cumprir a promesa «A San Andrés de Teixido vai de morto quen non foi de vivo».
Nós tamén peregrinamos ata Cedeira unha tarde de inverno para admirar a maqueta que Suso Barcia fixo recreando a máxica aldea que reproduce fielmente en nove metros cadrados. O primeiro que me chama a atención e o Santuario, non me cadra co que coñezo actualmente, pois non presenta esas pedras aturronadas como eu lles chamo. O autor despexa a dúbida e dime que para facer o traballo fiouse das fotos antigas, cando o edificio era de pedra, pois o novo deseño é obra do crego don Xulio Ladra.

—Canto tempo lle levou facer a maqueta?
—Pois un ano aproximadamente. Dende agosto está exposta ao público nun escaparate da Praza Roxa. Aínda non está rematada totalmente, falta poñerlle grupos de persoas, uns baixando a costa, outros camiño da Fonte do Santo, algúns no adro da igrexa…
—Botoulle moito tempo a esta actividade?
—Case tódolos días facía algo, uns máis e outros menos. Como vedes aprécianse moitas casas, todas.
—Pero non vexo os tenderetes de venda…
—Non, porque non me gustan.
Aí discrepamos —dígolle eu, pois a min encántanme os tenderetes e os seus cores.
—Que material usou?
—Todo é madeira, logo doulle a caracterización que corresponde: pedra, lousa… etc.
—Que ferramentas utiliza?
—Meu pai era un ebanista excepcional, del aprendín moito. Conservo todas as súas ferramentas e traballo con elas. Traballo na casa.

—Fixo máis cousas?
—Moitísimas. Teño elaborado as sete igrexas parroquiais, que están expostas. A igrexa de San Cosme de Piñeiro, que foi levantada por unha muller que o fillo morrera afogado e quixo facela dende onde non se avistase o mar, cunha casa reitoral enorme. A do río Condomiñas e a ponte antiga de pedra. As tres capelas, Reboredo, Biduído e Socorro. O muíño da acea que moía de marea baixa cando lle abrían as comportas, hoxe en ruínas. A fonte de Marieta, que era preciosa e foi tirada para crear unha parada de taxis. Parte do casco vello, o mercado sobre columnas, o Concello, a Casa Rectoral… preciosas xoias arquitectónicas da Vila de Cedeira, hoxe desaparecidas. Unha pena! Tamén hai maquetas de barcos expostas no Museo do Mar, un lugar digno de visitar.
—Onde podemos ver todo iso?
—A maioría das cousas están gardadas en caixas, na casa, pois non hai un lugar onde poidan figurar expostas e agora, se me acompañades, damos un paseo por Cedeira e podedes ver algunhas obras en escaparates de tendas que pecharon.
Paseamos tranquilos polas rúas mariñeiras, cruzamos a ponte, Suso vai rememorando as sete fontes que tivo a fermosa vila, amósanos os lugares da súa nenez, vive con nostalxia cada lembranza, cóntame que primeiro fai moitas fotografías dos sitios, antes de poñerse mans á obra.
Antes de despedirnos dígolle que a súa obra merece estar exposta —non agochada en caixas—nun lugar visible para que as vindeiras xeracións garden memoria dos afortunados que fomos nalgún tempo por vivir en paraxes dunha beleza marabillosa.

Autora: Luli Dopico
Reportaxe fotográfica: Álvaro Fdez. Polo

Publicado no semanario La Voz de Ortigueira, 26.01.18





luns, 8 de xaneiro de 2018

La tradición navideña de los cartuchos en Ortigueira

Foto: F. J. Martínez Prieto

(I) EL ORIGEN


No se ha escrito mucho acerca de los Cartuchos de Ortigueira. Personalmente tengo una intuición de que proceden de algo más antiguo de lo que nos podemos imaginar. Aguardo que algún investigador pueda abrir nuevas puertas a este respecto algún día.
Desde el siglo XIX existieron en Ortigueira, pero también en Ferrol, lugar este último donde se entregaban a los niños el día de Navidad y los pequeños los iban racionando durante las fechas navideñas y alargando su consumo lo que resistían a la tentación de algo que deseaban no acabase nunca.
Mi modesta opinión es la de que para ubicar el origen de los cartuchos debemos analizar la ubicación de Ortigueira en el aspecto geográfico, marino y comercial. Estamos junto a unos puertos (Ortigueira-Cariño-Espasante), que tuvieron relaciones comerciales con Europa, y por el sur llegaron esos barquitos de sal, que formaron parte de la economía ortegana y de los que se conserva incluso alguna pequeña foto. No podemos pasar este dato por alto, porque el lugar donde existe también esta arraigada tradición se llama Santa Pola, a 21 kilómetros de Alicante.
Como en Ortigueira, cuando en Santa Pola quisieron buscar los orígenes de esta tradición se remitieron a la Guerra Civil… hasta que comenzó una concienzuda investigación en el archivo municipal donde se encontraron anotaciones en los Libros de Caja del Concejo, referentes al llamado “día del cartucho”. En este sentido, el documento más antiguo en Santa Pola es de 1886 (fecha semejante a la encontrada en Ortigueira), y en ese año ya existía constancia del pago de 26 pesetas a don José García López, confitero, “por los dulces para los exámenes en las escuelas”, y en 1888  “por dulces para las escuelas en los exámenes de diciembre último”.  
En el caso de Santa Pola los cartuchos van ligados a la Cofradía de Pescadores, al Concejo y a la Enseñanza, y se entregan el último día de clase de los colegios. Algo que se realiza todavía hoy, superando una entrega de 4000 cartuchos, frente a los 450-500 que se entregan actualmente en Ortigueira.
En Santa Pola el cartucho tiene forma de cono (40 cm), se realiza en papel cometa (papel manila y de colores se dice en la Imprenta de Fojo que los vendió en 1944), de diferentes colores y tonalidades claras (naranja, rosa, verde, amarillo, azul). La forma del cartucho se mantuvo invariable a lo largo de los años, aunque –como en el caso de Ortigueira- se fuese variando su contenido. Antiguamente en aquellos cartuchos había caramelos, confites, piñones… hoy en día son nueces, caramelos, chucherías. En Santa Pola se tiene en cuenta a los niños diabéticos o celíacos (algo que habrá que plantearse próximamente en Ortigueira).
En Santa Pola después de entregar el cartucho a los pequeños, se entona un tradicional canto que dice: “El día del cartucho estamos muy contentos con un cartucho grande lleno de caramelos”. Y a continuación se añade el villancico “Ande, ande, ande la marimonera…”
En Ortigueira el cartucho tiene forma de caramelo gigante, se realiza igualmente en los mismos papeles de colores, y su contenido fue variando a lo largo de los años, adaptándose a las chucherías de cada momento.
La diferencia está en el origen que nos consta –de momento- en la Catequesis Parroquial y en la “Asociación de las Hijas de María”. Los datos más antiguos de la existencia de los mismos. Mi sospecha, es que pueden proceder de algo anterior ligado a las cofradías de pescadores, a algún tema militar de marina, o a alguna costumbre gremial con motivo del tiempo de navidad.
Las fechas de entrega de los Cartuchos difieren con respecto a Santa Pola. En Ortigueira son en mayo (un detalle más sencillo y más ligado a las niñas que recitan poemas a María en la advocación del Amor Hermoso), y en Reyes.
En la Fundación Ortegalia a lo largo del pasado diciembre (2016) y presente enero (2017), se han expuesto en cuatro vitrinas documentación de la primera mitad del siglo XX en referencia al Belén de Ortigueira y a los Cartuchos. La Catequesis Parroquial y las Mujeres que integraban el grupo de la Asociación de Hijas de María (en muchas ocasiones compuestas por la misma directiva), dieron continuidad durante muchos años a la tarea de mantener esta tradición. Esta Asociación de Oración y espiritualidad nace en 1830 y se funda en Ortigueira a mediados del siglo XIX. Hemos de tener en cuenta la dimensión caritativa de esta asociación de mujeres, que continuaban el espíritu francés de la pobreza de San Vicente de Paul. En la rue de Bac número 140 de París, se encuentra el lugar donde nacieron con motivo de la aparición de María (la medalla Milagrosa) a las Hijas de San Vicente de Paul (recordemos que un cuadro del siglo XIX que se conserva de este santo en la sacristía de Ortigueira proviene de esta asociación). Era propio de ellas realizar las canastillas con la ropa de los bebés para entregarla a aquellas familias que carecían de lo necesario para afrontar el cuidado de los recién nacidos. En 1917 era presidenta de la misma María Josefa García, vicepresidenta Adelina Teijeiro (sucediendo a Asunción Teijeiro), Secretaria María Balteiro (anteriormente lo fuera Socorro Romero), Tesorera Piedad Blanco, y Camareras María Castiñeira, María Teijeiro y Mercedes Castiñeiras. Se conserva buena parte de las actas y apuntes de sus reuniones.
Ya a mediados del siglo XX se encargaron de los Cartuchos y pusieron todo o su esfuerzo durante años unas mujeres de las que habría mucho que estudiar de su compromiso social en Ortigueira, doña Cristina y doña María Teijeiro García. No solo gestionaban los cartuchos, sino que facilitaban las compras a los curas de Luhia…  que también conservaban esta tradición en sus parroquias, y aportaron de su propio dinero para que todo se pudiese llevarse a cabo. Pagaban además a don Manuel Fontela Garrote (y a Juan Fontela), que durante años montaron el nacimiento.  En 1947 doña Cristina lega 1000 pts., las fiestas de Navidad recaudaran 1230 pts., la cajita del nacimiento juntara 67 pts. Nunca la cajita del portal de belén alcanzó a sufragar los cartuchos, como muestran los datos, pero quedaba muy chula con su grabado francés. (continuará).

(II) LOS PRODUCTOS Y LA GESTIÓN DE LOS CARTUCHOS

El 4 de enero de 1953, don Jesús, párroco de Luhía, hacía llegar la siguiente nota a doña Cristina Teijeiro García:

“Muy apreciable Cristina:
Como aún no salgo más que para celebrar! La envío por el sacristán lo que se lleva recaudado para los cartuchos hasta la fecha, de cuyos cartuchos espero se encargue usted de confeccionarlos como siempre y principalmente este año que, por mi poca salud y exceso de trabajo, no me es posible encargarme de ensayos de los niños, recayendo todo sobre Usted todo el peso del trabajo de estos días, que Dios se lo premiará.
Procurará contar lo recaudado, pero me parece que van en ese saquetón unas 1.032 pts. que es lo recaudado en Ortigueira hasta hoy. En esa cajita van unas 113 pts. que es lo recaudado hasta hoy en Luhía.
En cuanto al número de cartuchos para Ortigueira, creo que serán como los demás años, pero para eso, entre D. Manuel y Usted sabrán los que son, así como se encargarán de distribuirlos  el próximo miércoles, a la vez que este servidor  tiene que ir a esas parroquias y no podré regresar hasta las cinco o las seis de la tarde.
Quiero que me hagan para Luhía ochenta cartuchos, que si no alcanza lo que se recauda, que le abonaré yo lo que falte para ellos. Sin más por hoy, que siga mejorando de su salud y que la mía siga también…
Jesús 
(Se hicieron 80 cartuchos para Luhía)”.

Los productos de los que se componían los cartuchos fueron cambiando a lo largo de los años. En 1944 la señora María do Prado, vendió 2000 galletas a 10 céntimos la galleta y con un descuento del 20% de la fábrica de bizcochos y galletas tostadas de Crisanta Piñeiro en Cuiña. Firmó la factura doña María Dolores Pía. También en ese mismo año, además de las galletas, los cartuchos albergaban cacahuetes, comprados en los ultramarinos de M. Ribadeneira ("ultramarinos de Loza y Cristal", decía el membrete). En total eran tres kilos de cacahuetes. Firmaba la factura María Josefa Rivadeneira ("Josefa de Andrés", a quien las gentes de Ortigueira recuerdan que adornaba su escaparate con guirnaldas, una zueca, campanas verdes y plateadas, allí donde hoy están las oficinas de “Viaqua”). En ese mismo año se compraban en el almacén de vinos y ultramarinos “al detalle, fábrica de chocolates la Ortegana” de Santiago Puente, 21 kilos de higos, y cinco más de cacahuetes. Me supongo que el haber comprado cacahuetes en dos tiendas distintas podía tener la finalidad de contentar al máximo de comercios en la villa. Su hija, doña Rosa Puente Alonso, nos recordó que esa fábrica estaba en la esquina donde hoy está Santi y que luego se trasladó a la calle Curuxeira.

En 1945 los cartuchos, llevaban, entre otras cosas, rosquillas, caramelos e higos. Fueron comprados en la Confitería “La Victoria” (Victoria Pedre Verdeal), según el membrete “especialidad para encargos, bodas, bautizos y gran surtido de pasteles”. Se compraron allí 342 rosquillas, cinco kilos de caramelos a 15 pts. el kilo, y una caja de higos a 45 pesetas el kilo.

En 1947 se repartían en Ortigueira 400 cartuchos, que valían 800 pts. En ese año la imprenta del papel de los mismos era la de don Jesús Fojo (otros años de la papelería-librería Teijeiro Gómez (Ana María y Rosarito)- así por ejemplo en 1953). En ese año se distribuyeron 64 kilogramos de naranjas de la frutería de doña Otilia Blanco (que luego sería cocinera del Escolar), la propia frutería vendería también 11 kilos y medio de caramelos, que costaron 299 pts. En ocasiones la fruta, en ocasiones mandarinas o naranjas, se pedían a Coruña, y llegaban a Ortigueira a través de las Empresas el Noroeste y el Oriente. En 1954 las mandarinas provenían de la clásica y afamada frutería “La Valenciana”.


Durante la Guerra Civil no dejó de haber cartuchos, e incluso ¡qué difícil debió de ser conseguir 200 panecillos (45 pts. a don Eusebio Parapar) para repartir en plena época de racionamiento: año 1939.

-----------------------

Artigos publicados por Francisco Javier Martínez Prieto, párroco de Santa Marta de Ortigueira no semanario La Voz de Ortigueira en xaneiro de 2017.