![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg0cUXtZO6PBN0vQcwA-lG8xgmJZpcgdWgph_Q9ikaTfCcGsedi7pqmS2FxgoR3asqXHgldFnnzYjtEeOhsoFF9vWDsfaU6fAPLDngFatGuV5EUKTf_E6lHK6Q1OCt0qmzEvEZNueV_vc8_/s320/Inicio.jpg)
O acto contou cunha
nutrida asistencia de veciños e amigos do homenaxeado que enchían a planta
superior do edificio inaugurado en 1912.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEixlN_E4uilQFJi-FWkiBezOlYYkJ4D6sywsxIt9dxyEANUmGIiEHeO5sfbOeHG_1zAKwhJvPxl23OqDQgModlFSM4N18ajGIyCpHXzOo5vrOrP-9un4Hdh6XYMV3dDCtHZvM3EocdPcdva/s320/P%25C3%25BAblico.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEixlN_E4uilQFJi-FWkiBezOlYYkJ4D6sywsxIt9dxyEANUmGIiEHeO5sfbOeHG_1zAKwhJvPxl23OqDQgModlFSM4N18ajGIyCpHXzOo5vrOrP-9un4Hdh6XYMV3dDCtHZvM3EocdPcdva/s320/P%25C3%25BAblico.jpg)
Foi presentado por Romina Reborido, presidente da SIR Devesana, que explicou os motivos da homenaxe, entre eles a participación do pai de Narciso entre os fundadores de Devesana, os traballos publicados por Narciso sobre a escola na revista Terras do Ortegal e por suposto a organización do Museo Etnográfico de Meixido en Freires, parroquia contigua a Devesos.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg34d-lq-jLNqBNxjxi2U_vQDQSwk-AJtepH3rhJP5qtSPTUq1wlMcZchu1McoWL2kGabb89_vSVnidTc7S4VuX7osxkEFBNubxvV2FiusGGgmm1Gqd5aaSikwmz-t40ZITp2juxf-ksmkK/s320/Romina.jpg)
A seguinte en participar foi Vanesa Trevín, concelleira de Cultura e Patrimonio, que interveu na súa condición de arqueóloga, e que tras superar con destreza algúns problemas técnicos, fixo unha presentación máis académica, sobre a Etnografía de Galicia, desde os seus comezos con Vicente Risco ou Xaquín Lourenzo ata chegar ao museos actuais, como o de Meixido e o seu promotor. Con todo, Vanesa, entrou no terreo persoal, revelando a influencia que tivo Narciso como exemplo para que ela elixise a carreira de Historia; cabe lembrar que Vanesa naceu en Freires, na mesma parroquia do homenaxeado, aínda que tamén ten vinculación con Devesos por parte materna. Deixou no ar varias reflexións, entre elas a proposta dunha asociación de amigos do museo de Meixido que deberá debatirse e considerarse como primeiro paso para asegurar a continuidade do Mueso
Finalmente, Romina
deu paso ao propio Narciso, que fixo una intervención breve, na que quixo
precisar que se ben A Devesana foi fundada como escola laica, a maioría dos
seus promotores non eran -nin moito menos- ateos, e que acudían a misa
regularmente, desmentindo así unha das acusacións coa que se quería destruir un
proxecto de innovación docente como foi a Devesana, e perseguir aos seus
promotores na época negra da Guerra Civil.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiA3NIXLNWQvxDLfhM3skihz7XrVvlcQlOjNe8WfeHqgiIQOX2YSu5rsaSNxfBZ9uyr6yxLp8UU0nmfZkHLLejoayNscfSpQkGbLNRr2RYlEcEAqwzZA0UhfeuBcsmLBYR8tQHwJtO04Clp/s200/placa.jpg)
As intervención foron seguidas con atención polo público, entre o que se atopaba, ademáis Luis, fillo de Narciso, numerosos veciños de Devesos e parroquias cercanas e en xeral de toda zona; entre eles, a Juan P. Muras, alcalde de Ortigueira –veciño de Devesos- e outros membros da corporación, como o exalcalde Rafael Girón e Juan Cao; tamén o Cronista Oficial de Ortigueira, Carlos Breixo, o director do Museo Etnográfico Monte Caxado, Xosé María López Ferro, ou a escritora Luli Dopico; tamén Carlos Caramés, luthier e director da Coral Polifónica Ortegana, a exconcelleira de Cultura Mari Cruz Sabio, Enma Sandá, exdirectora da fundación Ortegalia e colaboradora de Narciso no catálogo do Museo de Meixido que está a piques de entrar en imprenta, ou Manel Bouzamayor, vicepresidente da asociación Terras do Ortegal.
A continuación, e
baixo o son do grupo de gaitas que amenizaron o acto, procedeuse ao
descubrimento dunha placa conmemorativa cos nomes dos promotores da SIR A
Devesana.
Cuns pinchos
ofrecidos pola entidade organizadora finalizou o acto nunha fría tarde de
outono, que foi superada co cálido ambiente que había no interior do fermoso
edificio da Devesana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario